Aprobada a proposta para aumentar o número de xulgados de violencia contra a muller

Aprobada a proposta para aumentar o número de xulgados de violencia contra a muller

Aprobada a proposta para aumentar o número de xulgados de violencia contra a muller

A Comisión de Xustiza do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para crear novos xulgados de violencia contra a muller. A portavoz de Xustiza, Patricia Vilán, presentou esta proposta, que foi transaccionada polo PP e aprobada por unanimidade, para reclamarlle ao goberno galego que lle garanta ás vítimas atención psicolóxica e acompañamento xudicial personalizado.

A responsable socialista explicou que no pasado mes de xaneiro rematou o convenio co Colexio Oficial de Psicoloxía para garantir atención psicolóxica ás vítimas nas sete cidades galegas. Reclamoulle ao goberno galego que garanta a continuidade deste servizo entre o cese do convenio e a resolución do concurso de sete prazas aberto pola Consellería de Vicepresidencia.

Sinalou que “garantir a protección das vítimas e atendelas como corresponde nas dependencias xudiciais ten que ser cuestión prioritaria, tal e como recolle especificamente a Lei Orgánica de 2004”. Advertiu que en Galicia só hai 2 xulgados específicos de violencia contra a Muller, en Vigo e A Coruña, e a pesares do avance que supuxo o servizo de oficinas de psicólogos, “agora os xulgados quedarán sen elas”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

1. Que solicite ao Goberno do Estado que se incremente o número de xulgados necesarios en materia de violencia de xénero de xeito consensuado na Comisión Mixta co Tribunal Superior de Xustiza.

2. Que acorde unha solución provisional para o tempo entre o final do convenio co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e a implantación dun procedemento de contratación directa dos profesionais das oficinas de atención psicolóxica a vítimas de violencia machista.

3. Que poña en marcha o acompañamento xudicial persoalizado para facer accesible a información ás mulleres vítimas de violencia de xénero.

4. Que proceda á revisión de todas as dependencias xudiciais de maneira que se efectúe as reformas necesarias, de acordo coas autoridades xudiciais, habilitando espazos posibles para evitar o cruce entre vítimas e agresores.

5. Que, tamén de maneira inmediata, se dote de persoal necesario segundo as súas cargas de traballo, a estes xulgados.

6. Que incremente a formación específica e periódica en violencia de xénero a todos os sectores da Xustiza en Galicia”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar