Aprobada por unanimidade a proposición socialista para reclamar a Rajoy carga de traballo para Navantia

Aprobada por unanimidade a proposición socialista para reclamar a Rajoy carga de traballo para Navantia

Aprobada por unanimidade a proposición socialista para reclamar a Rajoy carga de traballo para Navantia

O Pleno do Parlamento de Galicia ven de aprobar por unanimidade a proposición socialista para que a Xunta comprometa ao Goberno do Estado á construción de inmediato dun dique flotante que garanta postos de traballo e mellore a competitividade dos estaleiros.

A deputada ferrolá, Beatriz Sestayo, recollía na súa iniciativa a demanda non só dos traballadores de Navantia, senón o de toda a sociedade ferrolá e que resumía en “carga de traballo, acción comercial e construción do dique flotante”. Da consecución do mesmo dependen 17.000 empregos na comarca de Ferrolterra.

No transcurso da defensa da proposición non de lei, a parlamentaria denunciou a “incompetencia e falta de vergonza do Goberno de Núñez Feijóo”. Para Sestayo, falar do sector naval é “falar da desvergonza” do Presidente da Xunta e dos seus conselleiros que, “cando ían vender o ben que o fan, xunto co alcalde Rey Varela e o daquela deputado Arsenio Fernández de Mesa, tiveron que saír pola porta de atrás” para non atoparse cos traballadores do estaleiro, dixo esgrimindo a prensa do día.

Sestayo Doce reivindicou a “coincidencia histórica da sociedade ferrolá sobre a necesidade de carga de traballo para os estaleiros de Navantia na ría de Ferrol”. Afirmou que a deputada popular, Natalia Barros,mentía cando defendeu desde a tribuna da Cámara galega que o Partido Popular non votara a construción do dique flotante, cando se cumpría precisamente un mes de terse aprobado por unanimidade unha iniciativa nese sentido.

Este feito dou pe á deputada socialista para criticar ao goberno Feijóo e ao Partido Popular que “fan da mentira o instrumento político por excelencia”. “Levan tres anos mentindo a Galicia e a Ferrolterra”. Sestayo instou ao titular do Executivo galego e aos parlamentarios populares a “cumprir eses contratos con Galicia e coas persoas” que fixeron en campaña electoral e que se viñeron abaixo ao longo destes tres anos de goberno en Galicia e moi especialmente coa chegada de Rajoy á Moncloa.

Así, reprochou ao conselleiro de industria que lle teña dito ao Comité de Empresa e á Marcha polo Naval que a decisión de votar en contra das propostas de resolución para a construción do dique flotante e comprometer carga de traballo para os estaleiros “era unha medida estratéxica”.

Beatriz Sestayo concedeu a oportunidade de “rectificar” ao Goberno de Feijóo e demandou ao Grupo Popular a cumprir todos os acordos acadados no Parlamento galego para a defensa do sector naval na ría de Ferrol.

FOLGA XERAL E COMPROMISO COS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DE FERROL

Na véspera da convocatoria de Folga de Xeral, Beatriz Sestayo, acusou aos populares de desprezar ás institucións, e recriminoulles non estar nunca “cando se reclama nos dereitos constitucionais, como o dereito de sindicación, de folga ou de igualdade, quizá, a xuízo da deputada ferrolá, porque “nunca lles gustou moito esta constitución”. Elevou o ton Sestayo ata reprochar ó PP o aval de situacións predemocráticas coa defensa da Reforma Laboral do Goberno de Rajoy.

Sestayo Doce afirmou que o Partido Popular e o Goberno galego teñen “amargados aos traballadores e traballadoras de Ferrolterra” e recriminoulles que o incumprimento dos acordos parlamentarios polo Goberno de Feijóo poña en risco 17.000 postos de traballo na comarca.

Especialmente, cando a proposta do día do presidente foi dedicar 50 euros ao mes por parado galego, recordou a parlamentaria socialista.

Os socialistas estarán “atentos” á inclusión ou non do dique flotante nos Orzamentos do Estado que aprobará o Consello de Ministros este venres, logo do cambio de postura do PP apoiando a iniciativa.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar