Aprobada por unanimidade a iniciativa socialista para a reparación dos viais do polígono de San Cibrao

Aprobada por unanimidade a iniciativa socialista para a reparación dos viais do polígono de San Cibrao

Aprobada por unanimidade a iniciativa socialista para a reparación dos viais do polígono de San Cibrao

O deputado socialistas Pablo Xabier López Vidal, presentou a iniciativa aprobada onte por unanimidade no Parlamento de Galicia para “acometer á maior brevidade posible a reparación integral dos viais do polígono de San Cibrao, logo de negociar coa Deputación provincial e o Concello de San Cibrao, necesarios para mellorar a superficie produtiva máis importante da provincia de Ourense”.

López Vidal explicou que ademais se aceptou unha emenda do PP, para “axilizar a aprobación e execución do Plan sectorial da rede viaria da área metropolitana de Ourense, así como o estudio informativo para a conexión deste polígono coa autovía das Rías Baixas”.

“Para nós é fundamental reparar as estradas interiores do polígono, que están nun estado desastroso, conectar o polígono coa A52, porque se publicou o estudo informativo pero está paralizado, e conectar todos os polígonos e parques empresariais da zona cunha gran circunvalación”, explicou. Esta circunvalación empezaría no parque de Pereiro de Aguiar, seguiría polo Val de Rabeda, San Cibrao das Viñas, e conectaría coa A52.

“Ese é o noso gran soño, necesario para seguir medrando, seguir crecendo e crear postos de traballo”, engadiu. O deputado sinalou que aos socialistas se lles encendeu “a luz vermella” coa información aportada pola CEO sobre a baixada de Ourense un escalón máis no ranking da economía e produtividade a nivel de Galicia, e que “esta é unha medida para volver subir ese escalón”.

Así, López Vidal lembrou que no polígono de San Cibrao das Viñas están asentadas máis de 320 empresas, traballan máis de 8.000 persoas, xera o 10,7% do traballo da provincia e o 20% da facturación provincial, polo que “é o pulmón da nosa economía e o tecido produtivo que hai que mimar”. Polos seus viais circulan cada día máis de 20.000 vehículos, 5.000 deles vehículos pesados.

“Estas actuacións son necesarias e imprescindibles para mellorar a capacidade produtiva e competitiva deste polígono industrial, e para elo é necesario contar cunhas vias de comunicación cómodas e seguras”, dixo.

López Vidal pediu “ao bipartito do PP que temos na provincia de Ourense” “que se deixen de pulsos e impulsos” e non utilicen esta provincia nin o polígono de San Cibrao “na súa loita partidaria”, porque é necesaria a colaboración entre as tres administracións, a Xunta, o Concello e Deputación.

“Hai que apostar por unha discriminación positiva necesaria para Ourense”, dixo, e advertiu que os socialistas fiscalizarán dentro duns meses o cumprimento do acordo ao que se chegou onte.

Ademais, López Vidal criticou “o castigo” do Partido Popular aos portavoces de infraestruturas do Parlamento de Galicia que estiveron onte na Comisión segunda e non puideron asistir á “histórica” circulación dun tren entre O Irixo e Santiago de Compostela a 140/170 quilómetros por hora, pese á solicitude dos socialistas de pospoñer o debate da Comisión ás 16.30 horas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar