Aprobada a iniciativa que insta á Xunta ao aproveitamento dos residuos orgánicos do monte para a elaboración de biocombustible

Aprobada a iniciativa que insta á Xunta ao aproveitamento dos residuos orgánicos do monte para a elaboración de biocombustible

Aprobada a iniciativa que insta á Xunta ao aproveitamento dos residuos orgánicos do monte para a elaboración de biocombustible

O parlamentario autonómico socialista, José Luis Toxo, ven de defender, na Comisión 6ª, unha proposición non de lei do Grupo dos Socialistas de Galicia polo que se instaba á Xunta a Promover unha campaña informativa sectorial sobre os beneficios derivados do aproveitamento e a transformación dos restrollos orgánicos xerados pola limpeza de fincas e montes.
Esixía así mesmo o estudo da viabilidade da articulación dun sistema de recollida dos restrollos orgánicos xerados durante as limpezas de fincas e montes, de cara á súa posterior transformación en biocombustibles orgánicos.
Propuña tamén a iniciativa de Toxo manter un diálogo aberto coas comunidades de montes e as entidades locais de cara a substituír as actuais políticas de queima de residuos orgánicos e limpeza ocasional de fincas e montes por políticas orientadas á recollida intensiva destes residuos e posterior transformación da biomasa.
Por último a instábase ao Goberno galego a crear unha liña pública de axudas á merca de calefacción baseadas en biocombustibles de fonte renovable, tanto polo seu menor impacto ambiental, como pola súa capacidade para reforzar esta sinerxía económica de vital importancia para o medio rural de Galicia.
A iniciativa foi aprobada por unanimidade logo de transacionar co Grupo Popular engadir que se aprobe o proxecto de lei de Montes de Galicia na presente lexislatura.
Toxo Ramallo salientou o feito de que a limpeza dos montes constitúe a principal materia pendente nas políticas de revalorización do agro e de prevención dos incendios. O deputado socialista culpa ó Goberno de Núñez Feijóo, pola “atomización ou pouca incisión das decisións” tomadas pola Xunta que teñen permitido “a existencia das condicións idóneas para a x

eración e rápida propagación de incendios forestais.
Alén da “improvisación na disposición na disposición de medidas de seguridade activa, o deputado compostelán afirma que “ningunha medida pasiva se ten tomado que afecte significativa e positivamente ó noso medio rural”. Este “cóctel de ineficacia” é entre outras a causa dos incendios que asolaron Ourense, por exemplo, Ourense en outubro pasado.
CONVERTER A INFICACIA EN EFICIENCIA:
DA QUEIMA DE RASTROLLOS AO BIOCOMBUSTIBLE
Tal e como defendeu o parlamentario, Luis Toxo, “aínda existe unha ampla marxe para convertermos a ineficacia en eficiencia”. Galicia ten a oportunidade de transformar o problema dos residuos orgánicos ou dos restrollos nunha fonte de valor xeradora de insumos particulares e colectivos. Dende que materiais biocombustibles como os pellets ou lignograns e as briquetas se consideran fontes renovables de enerxía, os nosos montes fornecen en inxente cantidade destas materias primas, xerando beneficios para os actores participantes.
O monte galego ten innovadores elementos de atractivo para o investimento en novas políticas públicas de limpeza de montes e tratamento produtivo dos restrollos, dixo Toxo Ramallo.
Desde o PSdeG-PSOE “estámonos a referir ás políticas públicas que fomenten a recollida destes resíduos e canalicen a súa posterior produción en materiais biocombustibles prensados, destinados á xeración de enerxía renovable. Con elo preténdese un triplo efecto: Primeiro, poñer en marcha políticas pasivas de limpeza de montes e de prevención dos incendios. Segundo, orientar o valor intrínseco do monte galego cara o benestar da poboación asentada no medio rural a partir da súa participación no sector enerxético, que os socialistas entenden “estratéxica”. En definitiva, trátase de reorientar a actividade de explotación forestal tradicional cara aos novos enfoques abertos pola economía sostible.
O terceiro efecto é inmediato sobre a calidade ambiental de Galicia. Os lignograns, lembra Toxo, son unha enerxía limpa cualificada como neutral respecto á emisión de CO2.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar