Aprobada a nosa proposta para pedir o mantemento das axudas ás terras de pasto queimadas

Aprobada a nosa proposta para pedir o mantemento das axudas ás terras de pasto queimadas

Aprobada a nosa proposta para pedir o mantemento das axudas ás terras de pasto queimadas

A Comisión de Agricultura aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para pedirlle á Xunta que os gandeiros afectados polos lumes poidan seguir percibindo as axudas comunitarias pola totalidade da superficie. O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, José Antonio Quiroga, alertou do “triplo castigo” aos gandeiros, abocados a perder as súas explotacións.

O responsable socialista sinalou que ademais de perder os animais polos incendios, a normativa comunitaria establece que en dous anos non poderán utilizar de novo as zonas de pastoreo afectadas, cando estas se recuperan en seis meses. Tampouco poden acceder ás axudas comunitarias por estas zonas como “dano colateral” dunhas medidas pensadas en clave disuasoria.

Advertiu da situación límite destes gandeiros, que ao quedar sen axudas da PAC “teñen claro que se non poden comprar forraxe fora, están abocados, dramaticamente, ao peche das explotacións, xa que non poden alimentar aos seus animais”. Instou así ao goberno galego a “dirixirse ás administracións competentes para sacarlle das costas aos gandeiros un problema que se lles ven enriba”.

Os socialistas transaccionaron esta proposta co PP, a quen advertiron que “lles queda a pelota enriba do seu tellado para garantir que a Xunta execute adecuadamente os pasos administrativos e políticos adecuados para que os nosos gandeiros poidan seguir utilizando os pastizais”.

Plantacións silvícolas

Quiroga lamentou sen embargo que non fora posible consensuar unha proposición non de Lei presentada na mesma Comisión para pedirlle á Xunta un informe sobre o grao de cumprimento da Lei de Montes en canto ao uso de terras agrícolas para plantacións silvícolas. Amosou a súa “perplexidade” polo veto do PP a unha iniciativa dirixida a garantir que se reintegren as plantacións para usos agropecuarios.

Advertiu que “se trata de controlar as masas forestais que desbordaron as previsións e o sentido común e se atopan xa a carón de lugares habitados ou vías de comunicación, invaden espazos e terras agropecuarias, que sabemos que son precisamente un cortalumes natural.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que faga todas as xestións oportunas para que os gandeiros afectados polos lumes poidan seguir accedendo ás axudas coa totalidade da superficie para non ter que pechar a súa explotación debido á inviabilidade económica nun momento e situación excepcional”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar