Aprobada en Comisión a Lei de dignidade dos enfermos terminais presentada polo PSdeG

Aprobada en Comisión a Lei de dignidade dos enfermos terminais presentada polo PSdeG

Aprobada en Comisión a Lei de dignidade dos enfermos terminais presentada polo PSdeG

Enfermos terminaisA Lei de Dereitos e Garantías da Dignidade dos Enfermos Terminais, presentada polos socialistas galegos, pasou hoxe o seu último trámite parlamentario antes da aprobación definitiva no Pleno do Parlamento. Acuña salientou as “gañas e actitude dialogante e colaboradora” de tódolos grupos que “permitiu integrar moitas das emendas e mellorar o texto inicial”.

A deputada socialista dixo que o texto acordado na ponencia é o resultado dun “traballo plural, dialogante e tolerante, moito mellor que o orixinal”, e garante a obriga para o sistema sanitario público de “ofertar, facilitar e prestar esta atención por igual en todo o territorio”.

A lei, resumiu, recolle os dereitos das persoas en situación terminal e tamén das persoas que os acompañan, así como as garantías sobre o espazo no que é atendida esa persoa e inclúe os “dereitos e deberes dos profesionais”.

Chamou ademais ao seu desenrolo e aplicación “para que os coidados paliativos a tódalas persoas teñan a enfermidade que teñan e estean onde estean, que poidan recibir axuda no lugar que queiran e teñan a idade que teñan”.

A responsable socialista explicou que a Lei mellora a calidade da morte de tódalas persoas a través dun texto “avanzado, moderno e respectuoso” que supón “o comezo, o primeiro paso na dignificación da morte”.

Dignidade

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista explicou que a norma defende a dignidade dos enfermos terminais para garantirlles unha correcta información e uns coidados acaídos para facer fronte á súa situación. Esta regula as garantías de espazo e coidados que deben ofrecer os centros sanitarios aos enfermos e ás súas familias.

O texto consolida os dereitos dos enfermos terminais á información, á confidencialidade, á elección sobre a continuidade co suposto tratamento, ao rexistro da súa decisión, ao trato digno, á aplicación de coidados paliativos ou ao tratamento acaído da dor. Dixo que a norma da seguridade aos profesionais sanitarios a ter maerco legal que ampare os coidados que xa están a aplicar.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar