Aprobada a proposta de instar á Xunta a buscar solucións para os afectados polo "corralito" das participacións preferentes

Aprobada a proposta de instar á Xunta a buscar solucións para os afectados polo "corralito" das participacións preferentes

Aprobada a proposta de instar á Xunta a buscar solucións para os afectados polo "corralito" das participacións preferentes

A deputada socialista, portavoz na Comisión de Economía, María José Caride, ven de defender no Parlamento unha proposición non de lei pola que o Parlamento insta á Xunta de Galicia a:

1.- Dirixirse ao Banco de España e á Comisión Nacional do Mercado de Valores para que promova e no seu caso presente as autorizacións necesarias a NGBanco e ao resto das entidades financeiras para dar solución á repercusión do investimento realizado polos subscritores de participacións preferentes en Galicia que desexen recuperar os cartos investidos neste produto.

2.- Dirixirse ás entidades financeiras que operen en Galicia e que emitiron participacións preferentes para instalas a promover unha solución aos subscritores de participacións preferentes que desexen recuperar os cartos investidos neste produto permitindo aos afectados a recuperación íntegra do investimento realizado”.

A portavoz de Economía do Grupo Socialista puxo en valor a aprobación desta iniciativa que incorpora unha transacción co Grupo Popular, para implicar á Xunta na procura de solucións a un conflito no que están implicados centos de miles de cidadáns, que investiron máis de 1.100 millóns de euros en participacións preferentes.

María José Caride fixo fincapé na circunstancia “eses cidadáns colocaron os cartos nun produto financeiro que crían que era outra cousa” e, como consecuencia, “agora se atopan que pode que non os recuperen xamais”.

A portavoz de Economía do grupo socialista salientou a “boa fe” dos inversores, “que non sabían que investían os seus aforros a perpetuidade”. Trátase de pequenos aforradores que se fiaron “da entidade e dos titulares das oficinas das entidades en que tradicionalmente confiaban os aforros de toda unha vida”.

A cuestión acada maiores tinturas de gravidade se temos en conta que, mentres outras entidades están a ofrecer saídas negociadas, no caso das antigas caixas que agora forman NCG Banco, os clientes se atopan que se lles pecha a porta. “Xa non están aqueles directores que lles ofrecera nestes produtos, probablemente sen intención de provocarlles este dano, e a outros clientes a entidade lle ofrécelles créditos, para resolver os problemas de liquidez”, apunta Caride, quen cualificou este asunto como “un problema social”, que xa provocou incidentes ante algunhas oficinas desta entidade.

Esta dimensión social fai necesaria a intervención da Xunta, que, indicou Caride, ten que responder polas súas responsabilidades nas Caixa e polas súas competencias en materia de Consumo.
Recorda que este tipo de produtos financeiros estaban destinados a grandes inversores e que as entidades os propuxeron a pequenos aforradores, na maioría dos casos maiores de 65 ou sen capacidade para entender a complexidade do produto, e “agora se ven nunha especie de corralito financeiro cos seus aforros”.

A deputada socialista insiste a necesidade de dar unha resposta política a un problema que afecta a moitos cidadáns. Hai que dar solución á demanda de liquidez e tamén de amortización anticipada.

A parlamentaria impulsor ada iniciativa, que, en aras de apremiar á Xunta a implicarse no problema aceptou a transacción dos populares, emprazou aos grupos ao Pleno da Cámara para debater con maior profundidade sobre o exercicio das competencias da Xunta en materia de Consumo en relación con este tema.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar