Aprobada a iniciativa socialista para realizar o pago inmediato das contías do Igape á empresa Alvaher 98

Aprobada a iniciativa socialista para realizar o pago inmediato das contías do Igape á empresa Alvaher 98

Aprobada a iniciativa socialista para realizar o pago inmediato das contías do Igape á empresa Alvaher 98

O portavoz de Traballo do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Jose Tome Roca, interveu na comisión 6º do Parlamento, mediante unha Proposición para reclamar realizar de inmediato o pago das contías pendentes das axudas concedidas polo Igape á empresa ALVAHER 98, propietaria do hotel de cinco estrelas Palacio de Sober, para saldar as débedas coas empresas provedoras da Comarca de Monforte de Lemos. A proposta que foi transacionada, foi aprobada por unanimidade.

Trala votación asegurou que rexistrou esta iniciativa “por responsabilidade política”, e por atender as demandas dos distribuidores da Comarca de Monforte. E tamén espera que a Xunta “cumpra que con este acordo parlamentario co fin de que as empresas de Lemos poidan seguir desenrolándose”.

O deputado explicou na súa intervención que no concello lucense de Sober, construíuse un hotel de cinco estrelas pola empresa Alvaher 98, ligada ou con relacións empresariais á cadea HUSA, que entrou en funcionamento no pasado mes de outubro de 2010.

Tome Roca dixo que o investimento da construcción do hotel roldou os 8 millóns de euros, dos que a Xunta de Galicia concedeu unha axuda a través dunha subvención do Igape de 2,5 millóns de euros, dos que se pagou aproximadamente o 40%, arredor dun millóns de euros, quedando aínda pendente de pago por parte do Igape o 60% da axuda concedida, en torno a 1,5 millóns de euros.

Replica que este non pagamento da totalidade da axuda do Igape á empresa responsable do hotel Palacio de Sober, levou a que a empresa non pagara a un bo número de pequenas empresas proveedoras de Monforte e da Comarca, adebedándolles algo máis de un millón de euros, o que sitúa as empresas coas que se contraeu a débeda nunha situación difícil, poñendo en risco a pervivencia dalgunhas delas.

O deputado lucense asegura que a débeda contraída coas cerca de 20 empresas afectadas, foino directamente pola propietaria nalgúns casos, e noutros polo empresa constructora do hotel, Agustín Pérez Zafra, que pertencen polo menos a 8 sectores económicos, como son, materiais de construcción, pintores, carpinteiros, ferraxarías, electricistas, metal, madeira e xardíns.

Subliña que as debedas da empresa afectan tamén á propia xestora do hotel polo non pagamento dos dous últimos meses de salarios aos traballadores e traballadoras, creando un conflicto laboral tan só catro meses despois de entrar en funcionamento.

Lembra tamén que este hotel era da familia da Sra. delegada da Xunta en Lugo, proxecto no que estivo implicada persoalmente, e segundo as propias declaracións de dona Raquel Arias, “era un soño persoal”.

Igape so executou no ano 2010 un 19% do seu orzamento

Tome Roca dixo que dende o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, non entendemos que a Xunta de Galicia cre un problema deste tipo, económico e laboral ás empresas afectadas nun momento de dificultades económicas, cando o Igape tiña un orzamento para 2010 de entorno a 350 millóns de euros, e a data 30 de novembro só tiña executado 65 millóns de euros, é dicir, un escaso 19%, polo tanto, non pode alegar falta de fondos.

Por iso denuncia que estas débedas obedecen á incapacidade de xestión dos responsables políticos da Consellaría de Industria, por ser a Consellería responsable do Igape, salvo que non se xustificase ben a obra, que dubiden da viabilidade da instalación hoteleira, que dubiden da solvencia da empresa propietaria, que teñan débedas coa Seguridade Social ou con Facenda, contradicindo con iso as declaracións da Sra. delegada e do Sr. presidente da Xunta nas súas visitas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar