Aprobada a iniciativa que insta á Xunta a cumprir os compromisos económicos co Consorcio de Santiago

Aprobada a iniciativa que insta á Xunta a cumprir os compromisos económicos co Consorcio de Santiago

Aprobada a iniciativa que insta á Xunta a cumprir os compromisos económicos co Consorcio de Santiago

Os tres grupos parlamentarios da Cámara votaron favorablemente á proposición non de lei dos Socialistas de Galicia pola que se insta ao Goberno galego a cumprir todos os compromisos adquiridos co Consorcio da Cidade de Santiago nos exercicios 2010, 2011, 2012 e 2013.

O parlamentario encargado de defendera a iniciativa, Xaquín Fernández Leiceaga, agradeceu o apoio dos demais grupos polo que supón de reforzo “nestes momentos de situación de dificultade nas contas públicas, e hai un cambio no goberno central”.

O que noutro momento puidera resultar reiterativo, “é moi útil” neste momento, explicou o socialista, porque a iniciativa do seu grupo partía, precisamente da preocupación polo futuro do Consorcio de Santiago por dúas circunstancias, a primeira é consecuencia da situación de dificultade financeira xeral e a segunda, específica deste organismo, derivaba dun notable descenso das achegas da Xunta, o que fai temer un posible contaxio nas outras administracións implicadas.

O deputado compostelán agarda que o consenso acadado se manteña a vindeira semana no Pleno de Orzamentos permitindo así que prospere a emenda socialista pola que se incrementa a achega da Xunta ao Consorcio en 2 millóns de euros. Comprobarase así a profundidade do compromiso dos populares, e se o de hoxe “se trata dunha declaración retórica” e “se soa ou non soa a bolsa cando a movemos”, concluíu Leiceaga.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar