Aprobada a iniciativa para reclamar á Xunta as investigacións internas sobre irregularidades no Igape

Aprobada a iniciativa para reclamar á Xunta as investigacións internas sobre irregularidades no Igape

Aprobada a iniciativa para reclamar á Xunta as investigacións internas sobre irregularidades no Igape

O Pleno do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha moción socialista para que a Xunta faga entrega das investigacións internas sobre as irregularidades rexistradas no Igape. O portavoz de Economía, Industria e Innovación do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, reclamou “maior transparencia” para que o Parlamento controle ao Executivo.

O responsable socialista presentou esta proposta logo dunha Interpelación na que o conselleiro de Economía “non tivo a vontade de explicar e ofrecer documentación e despexar as dúbidas sobre os criterios de legalidade, oportunidade e eficiencia” na xestión do ente. Méndez Romeu criticou que o Goberno galego teña optado por “negar e ocultar información cando non directamente terxiversa”.

Dixo que con esa estratexia segue o criterio “sorprendente” de Feijóo cando asegurou que “non necesitaba leccións de ética e moral, porque bastáballe coas leccións derivadas da maioría absoluta”. Advertiu que a consecuencia é que “pérdese a diferenciación entre legalidade e responsabilidade ética, e polo tanto sobre a asunción de responsabilidades políticas”.

Méndez Romeu apuntou que un aumento do control do Executivo por parte da Cámara autonómica permite poñer “coto” a “prácticas incompatibles co principio da verdade que debe presidir as políticas públicas e axuda a manter a confianza nas institucións”. Engadiu que “devólvese así o valor e o prestixio da acción parlamentaria de fiscalización do Goberno”.

Toda a información dispoñible

O acordo aprobado hoxe contempla que a Xunta traslade ao Parlamento “toda a información dispoñible” sobre os contratos e as axudas outorgadas polo ente dende 2009 ás empresas inmersas en “escándalo público”. Estas son Laboratorios Asociados Nupel, Procesoil, Valorización de residuos gallegos, Galimed Trata, Vector Digital SL, ABH Consultoría, Albromat Servicios Integrales e Fundación Porto de Vigo.

Tamén insta ao Goberno a trasladar os resultados das investigacións internas do Igape sobre as condutas irregulares e os expedientes disciplinarios iniciados. Tamén reclama toda a información sobre o convenio asinado coa Confederación de Empresarios de Galicia polo que se lles conceden 8 millóns de euros sen publicidade nin concurso público para aa privatización da área de internacionalización.

Lembrou que, debido a este contrato, actualmente hai oficinas no exterior que malia estar baleiras estanse mantendo a cargo da Xunta, así como bolseiros que acudiron a unha convocatoria para formarse na rede exterior do Igape que “literalmente están sen facer nada, cando non foron traspasados a terceiros”. Tamén reclama que informe ao Parlamento, nun prazo de tres meses, sobre as axudas do Igape inferiores a 6.000 euros.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar