Aprobada a iniciativa para acadar solucións aos afectados polo "corralito" das caixas

Aprobada a iniciativa para acadar solucións aos afectados polo "corralito" das caixas

Aprobada a iniciativa para acadar solucións aos afectados polo "corralito" das caixas

O portavoz de Consumo do Grupo Socialista Juan Carlos Francisco Rivera interveu no Pleno da Cámara para defender unha proposición na que reclamou esixir a Novagalicia Banco a amortización das participacións preferentes, nun prazo máximo de dous meses, facultando aos afectados a recuperación dos cartos invertidos sen penalización de ningún tipo. A iniciativa que foi transacioanada foi aprobada por unanimidade. Foi debatida onte dia 14, e votada hoxe no Pleno.

Na proposta ademais demandou a creación de oficinas de información e de apoio especificas nas cidades galegas, para que tódolos afectados pola venda fraudulenta de participacións ou produtos similares, comercializados polas Caixas de Aforro.

Esixiu tamén dirixirse ao Banco de España ou ao organismo que teña atribuída as competencias en materia de supervisión sobre este tipo de produtos financeiros, para que inste, promova e, no seu caso, preste as autorizacións necesarias a Novagalicia Banco para amortización anticipada das Participacións Preferentes subscritas polos clientes das caixas de aforro galegas.

Na súa intervención Juan Carlos Francisco Rivera saudou aos membros dos colectivos afectados que presenciaron o debate dende a Cámara do Parlamento.
Dixo que o PSdeG quere “acadar un consenso unánime e político sobre este asunto, co fin de que os clientes poidan dispoñer dos seus aforros, e que hoxe están bloqueados nas diferentes entidades”.

Asevera que estas participacións foron comercializadas “cun engano masivo” deseñado polas direccións das entidades financeiras “co fin de capitalizar os balances da entidades a costa dos depósitos dos galegos”.

O deputado lembrou que o PSdeG-PSOE reclamou, en reiteradas ocasións neste Parlamento, a creación dunha comisión de investigación “co fin de coñecer o que sucedeu nas caixas de aforro e no sistema financeiro galego”. Advirte que a comisión non esta creada “por mor do bloqueo que exerce o PP na Cámara Autonómica”, e sinala que esta decisión “afecta á súa calidade democrática”.

Explica que este problema afecta a mais de 100.000 galegos, e que provoca un autentico “drama social, e económico en moitas familias”. Por iso esixe “unha resposta política e unánime, co fin de devolver os aforros ás persoas afectadas”.

O parlamentario socialista asegura que aqueles que contribúen cos seus aforros ao mantemento do sistema financeiro “sexan agora os auténticos dignificados, os auténticos paganinis, dun calote ao que as caixas os teñen sometidos”.

Referiuse ademais a iniciativa socialista aprobada, o pasado 10 de febreiro no Parlamento, co fin de buscar solucións para que os afectados polo “corralito” das participacións preferentes recuperen íntegros os seus ingresos.

Pola contra replica que aqueles que contribuíron co seu engano masivo aos clientes mais fieis das caixas “saen hoxe das mesmas cos petos cheos, a costa destes honestos depositantes”, espetou.

Francisco Rivera advertiu que o Presidente da Xunta “foi o máximo impulsor da fusión de caixas galegas”, que despois revelouse como “un autentico desastre”. Sinala ademais que no ámbito do Consumo, a Inspección de Consumo, ten competencias exclusivas sobre este asunto “pero non funcionaron en absoluto”.

Dixo que a “Xunta e Feijoo non pode permanecer mais en silencio”, sobre este asunto. E insistiu nas súas criticas “hai que poñer nomes a apelidos a este problema”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar