Aprobada a Executiva Nacional Galega co 68 por cento dos votos

Aprobada a Executiva Nacional Galega co 68 por cento  dos votos

Aprobada a Executiva Nacional Galega co 68 por cento dos votos

Os delegados e delegadas do PSdeG-PSOE aprobaron cun 68% dos votos a lista da Comisión Executiva Nacional Galega, no XII Congreso celebrado en Santiago de Compostela. A nova Executiva conta con 46 membros, 24 secretarios/as e 22 vogais.

Dos 387 votos emitidos, 265 foron a favor da candidatura que encabezou Pachi Vázquez, fronte ás 117 abstencións e 5 votos nulos.

Membros da CENG do XII Congreso

PACHI VAZQUEZ
Secretario Xeral

Naceu no Carballiño en 1954 (Ourense). É doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela.

Ocupou a Consellería de Medio de Ambiente no Goberno de Pérez Touriño. Foi deputado no Parlamento Galego desde 1993 ata 1995, ano no que pasou a ocupar a alcaldía do Concello do Carballiño, permanecendo no posto ata o ano 2005. A obtención da acta de deputado autonómico neste mesmo ano levouno a renunciar á Alcaldía do Carballiño, tras permanecer dez anos no cargo. Neste período tamén foi deputado provincial e portavoz do grupo socialista na Deputación de Ourense. Dende o ano 2009 é secretario Xeral do PSdeG e presidente do Grupo Parlamentario Socialista.

JOSE CLEMENTE LOPEZ OROZCO
Presidente do PSdeG-PSOE

Naceu en Foz (Lugo), no ano 1947. Catedrático de Filosofía.

Foi Delegado provincial da Consellería de Cultura e Deportes da Xunta durante o goberno socialista entre 1987 e 1990. É presidente da agrupación socialista de Lugo.É Alcalde de Lugo dende o ano 1999.

PABLO GARCIA GARCIA
Secretario de Organización e Acción Electoral

Naceu en Laro-Silleda (Pontevedra) o 26 de xaneiro de 1972. É diplomado en Maxisterio.

Ocupa a Secretaria de Organización do PSdeG-PSOE dende o ano 2009. Foi secretario de organización do sindicato Unións Agrarias. Actualmente ocupa o escano de senador por designación autonómica.

LAURA SEARA SOBRADO
Secretaria de Coordinación Institucional e Participación

Nacida o 20 de abril de 1975 en Allariz (Ourense). Licenciada en Dereito. Consultora Máster en Calidade de Servicios.

Foi deputada no Parlamento de Galicia (2001-2010). Tamén foi Directora Xeral do Instituto da Muller e Secretaria de Estado de Igualdade. Actualmente é deputada no Congreso pola provincia de Ourense.

CARMEN GALLEGO CALVAR
Secretaria de Coordinación de Promoción Económica de Emprego
Naceu en Vilaboa en 1966 (Pontevedra).

Foi Secretaria de Organización da Agrupación Local de Vilaboa (1999-2000). Entrou na CENG no ano 1998, ocupando a Secretaría de Pesca, formando parte das distintas CENG ata a data. Foi membro da CEF do PSOE dende 2004-2008. Foi Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos co Goberno de Pérez Touriño. Deputada autonómica dende a VI lexislatura, na que foi portavoz de Pesca e membro da Comisión de Pesca e Marisqueo, e da Comisión de Asuntos Europeos, e da Comisión de Peticións. Actualmente é deputada autonómica e portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario Socialista.

FRANCISCO CAAMAÑO DOMINGUEZ
Secretario de Coordinación Política, Ideas e Programas

Naceu en Cee (Coruña) en 1963. Catedrático de Dereito Constitucional

Ex-Secretario de Estado de Relaciones coas Cortes. Ex-secretario de Estado de Asuntos Constitucionais e parlamentario. Foi Ministro de Xustiza. Actualmente é deputado pola provincia da Coruña no Congreso dos Deputados.

MARGARITA PÉREZ HERRAIZ
Secretaria de Coordinación da Area de Benestar

Lugo, 1955. Graduada Social.

Foi deputada no Pazo do Hórreo pola provincia de Lugo ata o ano 2008. Ocupou a Secretaria de Organización da Executiva Municipal de Lugo. Foi Deputada no Congreso dos Deputados na IX lexislatura.

LUIS ANGEL LAGO LAGE
Secretario de Política Municipal

Rábade (Lugo)1957. Licenciado en Xeografía e Historia, é profesor de Educación Secundaria.

Foi deputado provincial. No ano 1998 entrou a formar parte da comisión executiva nacional galega do PSdeG-PSOE. En 2004 foi nomeado secretario provincial do PSOE en Lugo. Foi senador na pasada lexislatura.

CARMEN CAJIDE HERVÉS
Secretaria de Igualdade

Naceu o 21 de decembro de 1956 en Cuntis, Pontevedra. É axente de desenvolvemento local.

Foi Concelleira de Servicios Sociais, Muller, Xuventude e Formación e Emprego do Concellos de Cuntis durante 10 anos e medio. Foi deputada na VI Lexislatura donde formou parte da comisión de Pesca e secretaria de Agricultura. Tamén formou parte da Comisión de Igualdade e Fondos Europeos. Actualmente é deputada por Pontevedra, e portavoz de Igualdade e Cooperación.

LUIS ANTONIO GOMEZ PIÑA
Secretario de Ordenación do Territorio, Infraestru

cturas e Mobilidade

Naceu en 1969 en Lisboa (Portugal)l. Ten Estudios de Política e Economía.

Foi Deputado nas Cortes Xerais na pasada lexislatura pola provincia de Pontevedra. Foi concelleiro na Cañiza (Pontevedra) dende o ano 1991 e Portavoz do Grupo Municipal Socialista. Foi Secretario de Organización do PSdeG-PSOE na provincia de Pontevedra. Actualmente é deputado autonómico, donde é portavoz de Turismo.

MIGUEL FIDALDO AREDA
Secretario de Formación

Naceu en Ribadavia (Ourense), marzo de 1956. É profesor en excedencia.

Foi Alcalde de Ribadavia entre os anos 1987-198, e 1992-1995. Foi senador por Ourense na pasada lexislatura e agora ocupa ese mesmo escano. Foi asesor do grupo do PSdeG-PSOE na deputación de Ourense. E desde o ano 2009 é secretario de Formación do PSdeG.

ENRIQUE NEGUERUELA CORTES
Secretario de Economía

Naceu en Coruña. É experto en emprego. Foi técnico da Consellería de Traballo na pasada lexislatura.

SUSANA BAYO
Secretaria de Medio Ambiente

Guitiriz (Lugo), 1977. É Licenciada en Físicas, na especialidade de Medio Ambiente.

Actualmente é concelleira de limpeza viaria e mobilidade no Concello de Ourense.

JUAN MANUEL CIVEIRA
Secretario de Emprego

Piñor (Ourense), 1968. Foi responsable provincial de Política Municipal del PSOE en Pontevedra.

LUIS RODRIGUEZ EDROSA
Secretario de Educación

Naceu en Lugo. É secretario de Organización do PSOE na provincia de Lugo.

MARIA XOSE PORTEIRO
Secretaria de Cultura

Naceu en Madrid, no ano 1952. É licenciada en Xornalismo.

Foi concelleira e tenente de alcalde no concello de Vigo entre os anos 1987-1991, e deputada no Parlamento Autónomo durante la III e IV Lexislatura. Foi delegada da Xunta en Bos Aires.

MIGUEL ANGEL FERNANDEZ
Secretario de Sanidade

Naceu en Baracaldo, Vizcaia, o 11 de maio de 1963. É Licenciado en Medicina e Cirurxía xeral pola Universidade do País Vasco.

Foi Director Xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo dende o 15 de setembro de 2005 ata 2008. Foi parlamentario Autonómico polo PSdG-PSOE dende abril de 2008. Actualmente é o portavoz de Traballo no Parlamento.

ANA DOVAL FRAIZ
Secretaria de Medio Rural

Naceu en Soutelo de Montes (Forcarei), 1976. É licenciada en Ciencias Políticas.

Foi asesora da Secretaría Xeral de Emigración na pasada lexislatura. Actualmente é a portavoz do grupo municipal socialista en Forcarei.

MARIA FERREIRO VIDARTE
Secretaria de Emigración e Inmigración

A Coruña. Traballadora Social.

JOSE LUIS MÉNDEZ ROMEU
Secretario de Industria , Comercio e Turismo

Nado na Coruña en 1951. Pedagogo. Foi profesor de Lingua e Literatura Española de Ensino Secundario e funcionario do Maxisterio Nacional.

Foi concelleiro na Coruña (1987-2004) de Educación e Cultura, de Urbanismo, Turismo e Asuntos Sociais. Foi secretario de Estado de Cooperación Territorial (2004-2005). Deputado no Parlamento de Galicia durante as lexislaturas V, VI e VII, foi portavoz nas Comisións de Educación e Cultura, do Consello de Contas e da Comisión de Control da CRTVG. Formou parte do equipo de Goberno de Pérez Touriño ocupando a Consellería de Presidencia. Actualmente é portavoz de Economía e Industria no Parlamento de Galicia.

MARTA GIRALDEZ
Secretaria de Dereitos e Liberdades

É avogada. Portavoz municipal do PSdeG-PSOE no concello de Meis (Pontevedra).

DIEGO FERNÁNDEZ LÓPEZ
Secretario de Deportes

É concelleiro no Grupo Municipal de Betanzos.

MARTA FREIRE RIOBOO
Secretaria de Pesca

É concelleira do Grupo Municipal de Moaña.

JORGE EXPÓSITO
Secretario de Redes e Innovación

Naceu o 24 de xaneiro de 1968. Licenciado en Ciencias Físicas (USC) . Postgraduado en comunicacions e sistemas de tempo real (UDC). Master universitario en software libre (UOC). Comenzou a súa carreira profesional no ámbito da empresa privada como consultor NTIC. Na actualidade é técnico superior de informática na administración pública galega.

E Secretario de Novas Tecnoloxías na agrupación de Santiago de Compostela e foi secretario de comité de empresa pola UGT.

VOGAIS

Rafael Gomez Beceiro
Jose Ramon Rairis Perez
Ines Rey
Carmen Acuña Docampo
Rafael Rodriguez Vilariño
Enrique Cabaleiro
Elba Veleiro
Francisco Ferreira
Delfin Fernández Álvarez
Belen Prieto Robisco
Horacio Rouco Ferro
Argelio Fernández Queipo
Jose Manuel Pequeno
Uxia Lemus
Carlos Fernández
Juan Jesus Ares González
Joaquina Baño Vázquez
Jose Sanchez Bugallo
Alfonso Rodriguez Vilachá
Maria Begoña Balsa Alonso
Alicia Fereiro
Abraham Seijas Gonzalez

Ademais son membros natos da COMISIÓN NACIONAL GALEGA;

Jose Ramon Gomez Besteiro
Presidente da Deputación de Lugo.

Abel Losada Álvarez
Portavoz do Grupo Parlamentario Socialista

Alfredo Garcia
Alcalde de O Barco de Valdeorras.Vicepresidente Primeiro da FEGAMP

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar