Apostaremos por consorcios metropolitanos de transporte para mellorar a mobilidade nas cidades

Apostaremos por consorcios metropolitanos de transporte para mellorar a mobilidade nas cidades

Apostaremos por consorcios metropolitanos de transporte para mellorar a mobilidade nas cidades

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta Xoaquín Fernández Leiceaga, apostou esta tarde na Coruña “pola creación de consorcios metropolitanos de transporte para mellorar a mobilidade das cidades e as súas áreas metropolitanas”.

Leiceaga interveu nun acto político en A Coruña, no que tamén participaron o secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, o número 3 da candidatura provincial, Juan Díaz Villoslada, e a secretaria da agrupación socialista coruñesa, Mar Barcón. O candidato socialista agradeceu o apoio do ex presidente da Xunta de Galicia, Fernando González Laxe, e do ex conselleiro socialista Francisco Sineiro.

Na súa intervención, Leiceaga revindicou o labor dos ex presidentes Gonzalez Laxe e Emilio Pérez Touriño, de quen lembrou a medida da gratuidade dos libros de texto, unha proposta que se comprometeu a recuperar dende o goberno da Xunta. “É importante que os teñamos aos dous detrás de nós”, afirmou.

O candidato do PSdeG considera que “Feijóo está cansado de Galicia” e animou aos galegos a apostar polo cambio que representa o Partido Socialista. “Se conseguimos unha mobilización do electorado progresista, o cambio chegará o día 25 liderado polo socialismo”, rematou.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar