Apostan por un modelo que combine excelencia e internacionalización cun financiamento estable da investigación

Apostan por un modelo que combine excelencia e internacionalización cun financiamento estable da investigación

Apostan por un modelo que combine excelencia e internacionalización cun financiamento estable da investigación

Xoaquín Fernández Leiceaga, portavoz de Educación do GP Socialista, critica que o conselleiro Vázquez non contara nada na súa comparecencia sobre a investigación universitaria

O deputado socialista acusou ao Goberno de Feijóo de ir recortando os recursos para investigadores e proxectos, deixando de inxectar no sistema público de investigación 90M€ nos tres anos de lexislatura

O portavoz de Educación do Grupo Parlamentario Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, ven de criticar a comparecencia do Conselleiro de Educación para explicar as actuacións do seu departamento en materia de investigación universitaria por limitar a contar que “está cumprindo, con parsimonia o plan I2C”. Leiceaga reprochou a Vázquez que durante a súa intervención “non nos anunciou nada”.

O deputado socialista recriminou ao Goberno de Feijóo os recortes que está aplicar nestes tres anos de xestión en materia de Investigación universitaria e non universitaria. Leiceaga defendeu que a excelencia necesita investimento e masa crítica de normalidade para que poidan agromar os “excelentes”.

Amosou a Vázquez o diferencial da evolución respecto ao PIB do investimento en investigación en España e en Galicia. A pesar de todo, en España a investigación sigue aumentando sobre o PIB, polo menos ata 2010, últimos datos coñecidos. Pero en Galicia, o deputado socialista recrimina ao Goberno de Feijóo que se reflicta nos datos do INE un “descenso significativo desde 2009”. “Son anos de diverxencia coa economía española, onde aumentou a nosa distancia e, por tanto, aquí temos un problema”.

Amosou tamén Leiceaga a evolución dos Orzamentos liquidados do Programa 56, I+D+i, da Xunta desde 2008 a 2011. Pasan de 186 M€ a 76M€, “un descenso moi significativo”, e pediu a Vázquez que recoñecera que este descenso nos recursos “é moi malo para o sistema”.

Acusou ao Goberno galego de que, no conxunto da investigación, non só a universitaria, “deixaron de inxectarse no sistema público de investigación 90M€ nos tres anos de goberno de Feijóo”.

A caída no apio real ao sistema de investigación galego, universitario e non universitario que xunto coa falta de apoio empresarial explican a diverxencia dos datos respecto á media española, segundo o socialista.

Leiceaga recoñeceu o esforzo de Educación pola consolidación no programa I2C. Pero reprochoulle a Vázquez que se “cargara” o sistema de proxectos, polo que pode impedir que grupos que se están formando cheguen a alcanzar a masa crítica necesaria para poder converterse en grupos merecedores dun financiamento estable. “Hai que facer un esforzo nese sentido” esixiu o deputado socialista.

En relación aos recursos humanos detectou o socialista unha caída notable dos destinados a persoal de investigación nas universidades. “Fixeron un esforzo en contratos pre-doctorais, pero non así nos contratos post-doctorais, dos que aínda non saíu convocatoria”. Concedeu crédito ao conselleiro, que anunciou a inminente convocatoria destas prazas, pero insistiu en que “xa se perdeu un ano”.

No ano 2009, na última convocatoria do INCITE saíron 130 prazas en total. Nos tres anos de xestión de Vázquez, “estamos lixeiramente por riba da última convocatoria do Plan INCITE”.

O gasto en RR HH dos programas para o sistema universitario de Galicia amosan que de 2007 a 2009 se situaba entre 17M€ e 20M€. No 2010 en 6M€ e no 2011 en 10M€ e en 2012 en 7M€, polo de agora.

Reprochou a Vázquez que falara dos proxectos para grupos de investigadores emerxentes, ao que “vostede destina só 300.000 euros”.

Leiceaga aproveitou a referencia do conselleiro aos modelos catalán e vasco para salientar que estas comunidades resolveron este problema da dependencia da creación de prazas de docencia para os investigadores, o que provoca friccións como sucedeu cos Parga Pondal recentemente, creando institutos que permiten aos investigadores garantirlle unha carreira profesional a partir de resultados, con un sistema de avaliación e que colaboran coas universidades y que normalmente se integran en equipos de investigación que son grupos universitarios con ese director. Isto permite captar investigadores de distintnas idades que vivifican o sistema.

Este é o modelo que deberíamos ser capaces de traer a Galicia, adaptándoo ás nosas necesidades. “Sabe vostede ven que, no caso do País Vasco, por cada euro que pon Goberno vasco, capta dous fora”. Un modelo que combina excelencia, internacionalización, etc., pero tamén un financiamento estable que acaban xerando sinerxias en todo o sistema “ese é o noso modelo”, afirma Leiceaga.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar