Apostan por dotar a Galicia cunha Lei de Publicidade Institucional “que remate coas prácticas opacas” nas relacións cos medios

Apostan por dotar a Galicia cunha Lei de Publicidade Institucional “que remate coas prácticas opacas” nas relacións cos medios

Apostan por dotar a Galicia cunha Lei de Publicidade Institucional “que remate coas prácticas opacas” nas relacións cos medios

Lage Tuñas acusa ao PPdeG de “uso partidista da Xunta de Galicia” e pide “que a Xunta informe dos gastos en propaganda durante os últimos dous anos”

Avoga por apoiar aos medios de comunicación social con criterios obxectivos e “con luz e taquígrafos”

O portavoz da área institucional do Grupo Socialista aposta “pola transparencia nos gastos da Xunta en publicidade” e ve necesario “erradicar o uso partidista da propaganda das consellerías da Xunta, que supón ademais un importante gasto improdutivo en época de crise económica”

O parlamentario socialista, portavoz da Área de Institucional, ven de insistir, na Comisión 1ª do Parlamento, na necesidade dunha lei de Publicidade Institucional “que remate coas prácticas opacas” nas relacións cos medios de comunicación.

O deputado socialista renovou a aposta do seu grupo “pola transparencia nos gastos da Xunta en publicidade”. Lage Tuñas recriminou aos populares o “uso partidista da propaganda das consellerías da Xunta” e reprochoulle ao Goberno de Feijóo o uso dos fondos públicos de “xeito pouco edificante, algo que “se en tempos de bonanza económica é criticable, en tempos de crise é impresentable”.

Recordou Lage Tuñas aos populares que levan tres anos gobernando e condena o recurso constante do Goberno Feijóo e do PP á referencia a Gobernos anteriores xa avaliados nas urnas polos cidadáns.

Cumprindo coa función fiscalizadora da Oposición, o socialista criticou o incumprimento dos compromisos feitos por Núñez Feijóo en campaña electoral e plasmados con posterioridade no discurso de investidura. “Comprometeron unha lei de publicidade Institucional, recorda Lage aos populares, e o Presidente Feijóo “fallou aos cidadáns”, afirma.

Lage Tuñas reiterou que os socialistas son partidarios de eliminar a propaganda das consellerías. Pero “non podemos mirar cara outro lado” diante da crise dos medios de comunicación, que afrontan unha dobre crise, a económica e a de cambio de modelo do analóxico e o papel cara o dixital, a onde os ingresos publicitarios aínda non chegan na mesma magnitude que o facían nos anteriores formatos.
Neste sentido Lage considera necesario o apoio ao sector dos medios, mediante unha lei, con criterios obxectivos, “con luz e taquígrafos”.

“Nos últimos dous anos houbo moitos despidos de xornalistas e penso que é fundamental que haxa medios de comunicación fortes e profesionais en boas condicións laborais para fortalecer o sistema democrático”.

Reprocha a Núñez Feijóo que cando “vai a Madrid” se amose fachendoso e como o máis “progre e transparente do seu partido”, pero, en realidade, a práctica política en Galicia é a do uso partidario pouco transparente da propaganda.

Instou aos grupos a ter a valentía de rematar coa “discrecionalidade” dos convenios entre a Administración e os medios privados e apoiar aos medios de comunicación de xeito transparente.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar