Apostan polo cumprimento do Plan Xeral de Normalización Lingüística nos actos vinculados co pasamento das persoas

Apostan polo cumprimento do Plan Xeral de Normalización Lingüística nos actos vinculados co pasamento das persoas

Apostan polo cumprimento do Plan Xeral de Normalización Lingüística nos actos vinculados co pasamento das persoas

Lage Tuñas defende “promover o uso da lingua galega nos actos e ritos relacionados coa morte sempre dende o respecto á liberdade das persoas”

O portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage, chamou ao goberno galego a garantir o cumprimento do Plan Xeral de Normalización Lingüística nos actos vinculados co pasamento das persoas. Defendeu a promoción do uso da lingua galega tamén nos actos e ritos relacionados coa morte “sempre dende o respecto á liberdade individual das persoas”.

Lage Tuñas apostou, no debate dunha Proposición non de Lei que tivo lugar hoxe na Comisión Institucional do Parlamento de Galicia, por “unha liberdade real, baseada na oportunidade das familias de poder optar tanto pola lingua galega como polo castelán nas accións de carácter íntimo como é o culto á morte que teñan lugar en Galicia”.

Lembrou que “ata fai pouco tempo existía unha práctica monolingüe en castelán” polo que considera necesario “favorecer o uso da lingua galega e facilitar a súa utilización co principio de oferta positiva”. Puntualizou que “as políticas de normalización deben ser plantexadas sempre en positivo, de maneira amable e baixo o principio da concertación social”.

O responsable socialista considera “imprescindible” neste sentido que o poder institucional “remova os obstáculos que continúan existindo na sociedade galega para facer uso pleno da lingua galega”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar