Aposta para traer a Galicia o Laboratorio Comunitario de Bivalvos

Aposta para traer a Galicia o Laboratorio Comunitario de Bivalvos

Aposta para traer a Galicia o Laboratorio Comunitario de Bivalvos

O portavoz de Marisqueo do Grupo Socialista, Julio Torrado, reclamou hoxe “unha aposta firme, seria e á altura” para que Galicia acade o Laboratorio Comunitario de Control Bacteriolóxico dos Bivalvos, orfo de sede como consecuencia do brexit. O responsable socialista presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento na que criticou a posición “tibia” do goberno galego para atraer este organismo ata agora situado en Weymouth.

Torrado sinalou que “Galicia ten a capacidade e ten o coñecemento, resta saber se a Xunta ten intención de levar a cabo as accións necesarias para atraer este laboratorio”. Sinalou que “non vale apostar a medias”, como fixo o goberno galego, lembrou, coa Axencia Europea do Medicamento, coa que “foron ninguneados polo Goberno”, que defende a candidatura de Barcelona, “como coa transferencia da AP-9 ou o AVE”.

Sinalou que Galicia “é o lugar ideal para acoller esta Axencia”, derivado do peso que ten a pesca galega no conxunto da economía da UE e, lembrou, do “ecosistema integrado polos organismos relacionados coa pesca de Galicia”, como son a Axencia Europea de Pesca e a Facultade de Ciencias do Mar, en Vigo.

Sinaladamente, apuntou que a Ría de Arousa da acubillo hoxe a centros referentes en formación, como son o Igafa, en A Illa, o Cima de Vilanova, ou o Intecmar en Vilaxoán. Apuntou ademais a existencia xa de propostas de concellos galegos para “colaborar e facer un traballo conxunto” para conseguir esta sede.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar