Apoio á Marcha en defensa de pensións dignas

Apoio á Marcha en defensa de pensións dignas

Apoio á Marcha en defensa de pensións dignas

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, trasladou hoxe o apoio dos socialistas galegos á Marcha reivindicativa en defensa do sistema público de pensións organizada hoxe en Santiago polos sindicatos UGT e CC.OO.

O responsable socialista reclamou “garantías para que o sistema público de pensións sexa sostible e que permita que a vida da xente que chega ao remate do seu compromiso laboral sexa digna”. Advertiu que a difícil situación na que o goberno do PP ten situado ás pensións públicas ten un especial impacto en Galicia, onde “unha elevada porcentaxe de pensionistas reciben as pensións máis baixas”.

Fernández Leiceaga encabezou a delegación do Grupo Socialista que participou nesta concentración en apoio desta reivindicación sindical “en defensa dun sistema público de pensións que garanta o mantemento do contrato social polo que se favorece a cohesión social e a redistribución da riqueza”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar