Apoio da Xunta para o conflito escolar que remata en procedemento administrativo

Apoio da Xunta para o conflito escolar que remata en procedemento administrativo

Apoio da Xunta para o conflito escolar que remata en procedemento administrativo

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, solicitoulle hoxe ao goberno galego que habilite asistencia xurídica ou técnica para os centros educativos que o demanden ao abrir unha instrución administrativa por causas graves de condutas contrarias á convivencia. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Educación do Parlamento.

O responsable socialista advertiu que en determinados casos “os pais, nais ou titores legais acoden ás entrevistas derivadas destes procedementos acompañados de avogados especializados”. Sinalou que “están no seu dereito, pero esta situación pon aos docentes nunha situación de inferioridade e mesmo de indefensión”, polo que lle preguntou á Xunta se ten previsto facilitar apoio letrado aos centros que demanden esta asistencia.

Explicou que os profesores non teñen por que ter formación suficiente para enfrontarse a un experto neste tipo de procedementos, e que mesmo se teñen dado casos nos que “a pesares de seguir a guía enviada pola Consellería de Educación para este tipo de casos, tense fallado e contra da administración, o centro e a tramitación feita polo profesor”.

Álvarez sinalou que a anulación do procedemento na xurisdición contencioso – administrativa “supón un dobre cuestionamento do docentes que instruíron os procedementos, porque se considera que a conduta non sería merecedora dun expediente e porque cuestiona ao tempo a capacidade instrutora dos docentes”.

O responsable socialista sinalou que as correccións das condutas contrarias á convivencia escolar “en ningún caso teñen unha finalidade meramente punitiva, senón que forman parte do pro-ceso educativo corrixir as condutas contrarias ás normas de convivencia”. Sen embargo, advertiu daqueles casos gravemente contrarios ás normas e que polo tanto requiren da dita instrución administrativa.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar