Apoio ás organizacións de persoas con discapacidade fronte aos retrasos da Xunta

Apoio ás organizacións de persoas con discapacidade fronte aos retrasos da Xunta

Apoio ás organizacións de persoas con discapacidade fronte aos retrasos da Xunta

A Coordinadora de Benestar da Executiva do PSdeG-PSOE, Margarita Pérez Herraiz, manifestou o seu apoio ás demandas das organizacións de persoas con discapacidade que “denuncian retrasos nos pagos da Xunta de Galicia”. Explicou que actualmente, “o retraso acumulado é de catro meses”, pero a Xunta de Galicia “está a provocar retrasos moito maiores, poñendo en perigo a continuidade do servizo”.

 

A socialista Margarita Pérez Herraiz explicou que as asociacións teñen firmado coa Xunta de Galicia “cobrar con 60 días de retraso”, pero “pasaron 120 días, polo que teñen un retraso do dobre”. Asegura que o goberno galego “lles debe 4 millóns de euros a 41 asociacións federadas” e isto afecta “a un total de 4.500 persoas atendidas e a 1.300 profesionais que os atenden”.

 

A Coordinadora de Benestar asegurou que estes retrasos “provocan dificultades moi importantes para as persoas demandantes dos servizos prestados polas organizacións de persoas con discapacidade poñendo en grave risco a súa axeitada atención”. Ademais, “pon en perigo milleiros de postos de traballo fundamentais para manter unhas prestacións vitais á parte mais débil da sociedade”.

 

A dirixente socialista manifestou que “algunhas asociacións están empezando a cobrar hoxe” pero, lamenta que “aínda faltan moitas”. Asegura que este fin de semana as organizacións de persoas con discapacidade “manifestáronse en contra destes retrasos e pediron unha solución”.

 

Pérez Herraiz explicou que a Xunta de Galicia “recorta nos concertos con organizacións sociais”, pero “a realidade é que a garantía do servizo prestado a través destas é responsabilidade plena do Goberno galego”. Lamenta que “está facendo desleixo na súa labor de goberno prexudicando nesta ocasión as persoas con discapacidade físicas e psíquicas”.

 

Os socialistas demandan “á Xunta de Feijoo que non traslade os axustes de caixa aos sectores mais débiles da sociedade”.

 

A Coordinadora de Benestar dos socialistas galegos solicitou “pleno respecto e mostrou admiración” polo traballo intenso desenvolvido por estas organizacións. Asegurou que “teñen asumido unha labor fundamental para vertebrar á sociedade e garantir a igualdade de oportunidades”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar