Apoio ás mobilizacións en defensa do ensino público

Apoio ás mobilizacións en defensa do ensino público

Apoio ás mobilizacións en defensa do ensino público

O secretario de Educación da Executiva do PSdeG-PSOE, Luis Edrosa, amosou hoxe o apoio dos socialistas galegos á folga a favor do ensino público e en contra dos recortes decretados polo goberno convocada para o próximo martes, 22 de maio. O responsable socialista advertiu que este decreto empeorará a calidade do ensino público e afondará nas desigualdades sociais.

Edrosa sinalou que este recorte, que suprimirá 3.000 millóns de euros no ensino educativo en todo o Estado, provocará unha perda irreparable na calidade do ensino e da igualdade de oportunidades e a perda de dereitos sociais. Criticou que a Xunta teña aplaudido unhas medidas que suporán a masificación as aulas, o incremento das taxas a diminución das bolsas de estudos e a privatización de servizos educativos.

Explicou que esta norma elimina a igualdade de oportunidades no acceso aos estudos universitarios ao coincidir o aumento das taxas –que nalgúns casos superará o 50 por cento- coa redución drástica das bolsas de estudos, dificultando os estudos aos alumnos con menor capacidade económica. Mentres, elude afrontar os problemas de fondo da educación, como o fracaso escolar ou as deficiencias educativas.

http://Dog-food-secrets.com/

Sinalou que permitirá o incremento nun 20 por cento do número de alumnos por aula, abrindo a porta á masificación das aulas mentes incrementa as horas lectivas dos mestres e impide a cobertura de baixas inferiores a dúas semanas nas que obrigarán a desatender as aulas reducindo o número de profesores. Explicou ademais que esta norma permite a suspensión na actualización de módulos de ciclos formativos da FP ao curso 2014-2015.

Lembrou o criterio unánime de expertos, asociacións de pais e dos sindicatos do ensino de que estas medidas prexudicarán notablemente a calidade no ensino público e favorecerá claramente ao ensino privado. Advertiu que creará “unha educación para ricos e outra para pobres volvendo a situacións predemocráticas”, e contribuirá de forma decisiva ao despoboamento do rural eliminando os centros actualmente existentes.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar