Apoio ás mobilizacións contra a Lomce

Apoio ás mobilizacións contra a Lomce

Apoio ás mobilizacións contra a Lomce

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, e o deputado Luis Álvarez Martínez, mantiveron hoxe un encontro coa Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, á que lle trasladaron o apoio dos socialistas galegos ás mobilizacións convocadas para o próximo día 26 en contra da Lomce.

O portavoz socialista comprometeuse a inaugurar a Lexislatura cunha serie de iniciativas parlamentarias solicitando a derrogación efectiva dunha norma “ineficaz, imposta sen consenso e inasumible” polo sector educativo e aplicada ademais de xeito “caótico”. Os socialistas galegos, dixo, reclaman unha nova norma educativa acordada co sector educativo e con vocación de continuidade no tempo.

O Grupo Socialista reclamou garantías para que alumnos e profesores coñezan as materias e métodos de avaliación nas probas de reválida previstas pola Lei, e rematar deste xeito coa “provisionalidade e a chapuza” na aplicación da norma.

Ademais, reclamou que a Xunta garanta que as probas sexan válidas para que os alumnos e alumnas poidan entrar “en calquera universidade de Galicia”, evitando os problemas xerados por posibles incompatibilidades, e que as probas realizadas no noso territorio sexan ademais homologables no resto do Estado.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar