Apoio aos investigadores predoutorais galegos

Apoio aos investigadores predoutorais galegos

Apoio aos investigadores predoutorais galegos

A portavoz de Universidade do Grupo Socialista, Concepción Burgo, presentou unha serie de iniciativas nas que lle reclama ao goberno galego que defenda fronte ao goberno central a recuperación dos dereitos laborais dos investigadores predoutorais galegos.

A responsable socialista lembra que o Goberno central decidiu modificar os contratos predoutorais asinados dende 2014 “sen previo aviso e de forma retroactiva”, empeorando as condicións da xente moza científica. Estes pasaron, dun día para outro, de ter un contrato de obra e servizo a ter un contrato en prácticas.

Burgo advirte que “todos os expertos xurídicos consideran que son ilegais e que teñen consecuencias para o pasado laboral, e para o presente e futuro dos investigadores, aumentando a súa precariedade e inestabilidade”. Ademais supón unha “nova proba da falta de apoio do PP á I+D+i, despois dos fortes recortes dos orzamentos que nos colocan nun nivel moi inferior á media dos países europeos.

A deputada socialista advirte que entre os afectados cóntanse investigadores galegos que “cada vez teñen moito máis difícil desenvolver unha carreira científica”, e que “entendemos que deben ser defendidos polo Goberno da Xunta de Galicia”.

Os socialistas galegos reclámanlle á Xunta que se dirixa “de inmediato” ao Executivo central “para solicitar a revogación dos cambios feitos nos contratos dos investigadores predoutorais, e restituírlles os seus dereitos laborais”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar