Apoio ao debate da ILP de corresponsabilidade parental para mellorar un texto de dubidosa constitucionalidade

Apoio ao debate da ILP de corresponsabilidade parental para mellorar un texto de dubidosa constitucionalidade

Apoio ao debate da ILP de corresponsabilidade parental para mellorar un texto de dubidosa constitucionalidade

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, transmitiu hoxe o apoio do Grupo Socialista á Iniciativa Lexislativa Popular de corresponsabilidade parental, debatida hoxe no Parlamento. Os socialistas apoiaron esta iniciativa pola necesidade de regular a custodia compartida pero emprazaron a mellorar o texto no debate parlamentario, xa que resulta “dubidosamente constitucional”.

Vilán explicou que “é discutible que teña encaixe no noso Dereito Civil Foral”, o que non se saberá ata que o Tribunal Constitucional non se pronuncie sobre a Lei de Adopción de Galicia, xa que “se hai lexitimación en materia de adopción, sen dúbida haina sobre custodia compartida”.

Ademais, advertiu que o propio Tribunal ten declarado inconstitucional a Lei Valenciana sobre Custodia Compartida, xa que “non hai competencia para desenvolver unhas normas que non existen”.

Explicou que o texto resulta “demasiado farragoso, require moita máis precisión e trátase dun texto manifestamente mellorable”, polo que considera imprescindible a súa mellora no trámite parlamentario. Puxo como exemplo a redacción dos apartados correspondentes ao maltrato, ou ao incluír a regulación da vivenda e da liquidación da sociedade de gananciais, cando “poden non existir, xa que non ten que haber matrimonio para que haxa custodia”.

Con todo, e sendo mellorable, apelou á necesidade de regular un aspecto que actualmente ten sido tratado polo Tribunal Supremo, que reinterpretou a normativa estatal sobre Custodia Compartida en diversas sentenzas consecutivas. Estas conviven con lexislación autonómica como en Cataluña, que ten exercido a súa competencia para regular a corresponsabilidade parental no caso de cese da convivencia.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar