Apoio ao Clube de Baloncesto Ourense logo da súa retirada forzada da ACB

Apoio ao Clube de Baloncesto Ourense logo da súa retirada forzada da ACB

Apoio ao Clube de Baloncesto Ourense logo da súa retirada forzada da ACB

A portavoz de Deporte do Grupo Socialista, Carmen Acuña, trasladoulle hoxe o apoio dos socialistas galegos ao Clube Ourense Baloncesto, logo de que a ACB decidira non inscribilo para a temporada 2015 – 16 logo de ter conseguido o seu ascenso fronte ao Breogán de Lugo o pasado 2 de xuño. Así o dixo logo dun encontro co presidente do Clube, Antonio Gavilanes.

Amosou a súa “absoluta disconformidade” coa decisión da ACB, que “responde a un acto de amiguismo cos clubes mais poderosos, obviando os méritos deportivos”. Consideran “inadmisible que prevalezan os xogos de despacho ante o xogo na pista, obviando o que se gañou na cancha” e defenderon modificar as normas de acceso ás competicións de alto nivel, que hoxe “non se fundamentan nos resultados deportivos”.

Acordo

Logo deste encontro, sinalou que “agardamos que a Asociación de Clubes de Baloncesto acade un acordo beneficioso tanto para o COB e os seus afeccionados coma para o deporte galego en xeral”, e advertiron que se trata dunha decisión que “afecta á vida é a carreira profesional de moita xente, tanto da plantilla de deportistas como dos traballadores e traballadoras do clube”.

Engadiu que a decisión da Asemblea Xeral da ACB de non inscribir ao COB, que foi coñecida o pasado 1 de setembro, supón un “mazazo” para un equipo que “agardaba recoller os froitos do seu traballo deportivo”, así como “para os ourensáns e ourensás que o apoiaron orgullosos e ilusionados”, e para “todo o deporte galego en xeral”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar