Apoio á Real Academia Galega

Apoio á Real Academia Galega

Apoio á Real Academia Galega

O parlamentario socialista, Francisco Cerviño, recriminou ao Goberno de Feijóo que estean fustrigando á Real Academia Galega. O deputado portavoz de Cultura do Grupo Socialista, preguntou ao conselleiro de Educación pola discriminación orzamentaria da RAG por parte da Xunta en comparanza coa relación institucional entre os gobernos autonómicos e as entidades homólogas do País Vasco e Cataluña.

 

Mentres a Xunta aporta 250.000€, que se complementan con 700.000€ do Estado, o Instituto de Estudos Cataláns percibe 5,5M€ da Generalitat, e a Academia Vasca e 1,3M€, do Goberno Vasco.

 

Por habitante o investimento tamén é menor en Galicia. A Xunta dedica á RAG 0,13€; Cataluña, 0,73 e o Pais Vasco, 0,6€. De cada millón de euros dos Orzamentos, a Xunta dedica 37,5€ á RAG, fronte aos 127,2€ do Goberno Vasco e os 184,6€ da Generalitat. Aplicando a mesma proporción que as comunidades citadas, apunta Cerviño, a Real Academia Galega debera recibir entre 1,3M€ e 1,6M€.

 

Para o parlamentario socialista, estas cifras son “un indicador feaciente” da politicas de desprotección da lingua galega da Xunta que preside Núñez Feijóo. Políticas que “poñen en perigo a propia pervivencia da nosa lingua”, segundo afirmou Francisco Cerviño citando a opinión de moitos “conspicuos académicos”.

 

A RAG está neste momento “vivindo de créditos”, reprochou a Vázquez o deputado socialista. “Isto é o que significa o galego para vostedes”, recriminou aos populares Cerviño. Acusou ao Goberno de “desprotexer ao goberno” o que, na situación na situación na que estamos, representa “fustrigalo”.

 

Acusou ao Presidente Feijóo, ao Conselleiro e ao Secretario Xeral de Política Lingüística de tratar de “multiplicar xestos” tratando de estar en todo canto acto institucional organiza ou participa a Academia, “sobreactuando”. Pero “iso non sirve”, reprochou ao conselleiro Cerviño.

 

Francisco Cerviño, parafraseando a Clara Blancoamor, espetou ao conselleiro de Educación “menos galeguismo de larinxe e máis de actuación”, reclamando ao goberno que troque a política de desprotección da lingua que están a exercer.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar