Apoio á Plataforma Galega para a Defensa do Sector Lácteo

Apoio á Plataforma Galega para a Defensa do Sector Lácteo

Apoio á Plataforma Galega para a Defensa do Sector Lácteo

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, trasladou hoxe o apoio dos socialistas galegos ás plataformas en defensa do Sector Lácteo tanto a nivel comarcal como galego. García participou na concentración dos gandeiros galegos celebrada en Lalín e anunciou a presenza dos cargos públicos e orgánicos dos socialista galegos nas concentracións que se celebren en toda Galicia.

García lembrou o apoio pechado que lles trasladou aos sindicatos lácteos o propio secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, nun encontro que mantivo onte en Santiago de Compostela. Confirmou ademais a “participación activa” de tódolos socialistas galegos, cos alcaldes e alcaldesas á cabeza, para reclamar “solucións inmediatas” para a problemática do sector lácteo.

Responsabilizou ao goberno galego de ter afrontado a desaparición do sistema de cotas lácteas sen aplicar as medidas do “paquete lácteo” recomendadas por Bruxelas, incluso agravando a situación provocando a perda de cabezas de gando baixo a “ameaza ficticia” dunha multa por supertaxa e deixando de defender aos gandeiros fronte aos abusos da industria, coa imposición de prezos por debaixo do custe de produción.

O responsable socialista amosou a súa “sorpresa” polas declaracións do vicepresidente da Xunta chamando agora a un encontro entre a Xunta e o sector lácteo. García sinalou que “celebramos este cambio de postura” pero lembrou que “levamos todo o ano un encontro do goberno galego cos produtores lácteos, unha proposta que o PP vetou reiteradamente no Parlamento para amparar a negativa pechada da conselleira”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar