Apoio á Plataforma do Lácteo

Apoio á Plataforma do Lácteo

Plataforma LácteoO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, e o responsable da Área de Agricultura, Pablo García, mantiveron hoxe no Parlamento un encontro cos representantes da Plataforma de Defensa do Sector Lácteo de Galicia. Os representantes do Grupo Socialista comprometéronse a continuar na liña de defensa das demandas do sector e de converter as súas propostas en iniciativas parlamentarias.

O encontro de hoxe centrouse nun balance negativo do cumprimento do acordo para a sostibilidade do sector lácteo, asinado en setembro e que, en troques do que o goberno galego consideraba un “fito histórico” e a solución aos problemas do leite galego, “tres meses despois vemos que os resultados prácticos para os produtores e produtoras son practicamente nulos”, dixo Pablo García.

Ademais, engadiu, “algúns aspectos que precisamente atinxen aos compromisos do Goberno están aínda sen desenvolver”, e criticou o desinterese do goberno por un sector prioritario para Galicia, no que esta Comunidade Autónoma debera ser líder ao producir máis da metade do leite de todo o Estado, e que precisamente está a padecer unha fonda crise de prezos.

García reclámalle ao Goberno galego que garanta o cumprimento do acordo, nomeadamente “no que se refire á regulación dos primeiros compradores e a dar transparencia ás marxes de prezos dos distintos axentes da cadea”. Ademais, demanda unha avaliación conxunta do dito acordo e os seus resultados en Galicia elaborada cos representantes do sector, incorporando as correccións e melloras necesarias.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar