Apoio á mobilización sindical en defensa dos dereitos das persoas

Apoio á mobilización sindical en defensa dos dereitos das persoas

Apoio á mobilización sindical en defensa dos dereitos das persoas

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, amosou hoxe o seu apoio á mobilización sindical convocada en toda Galicia polos sindicatos CC.OO. e UGT en defensa dos dereitos das persoas. O responsable socialista participará da mobilización convocada hoxe ás 19,30 h. e que comezará ás portas do Parlamento.

Fernández Leiceaga confirmou o seu apoio ás demandas sindicais tanto a nivel xeral como as específicas para Galicia, que serán trasladadas á Cámara autonómica polo Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia en forma de iniciativas parlamentarias. Así, respalda a demanda dun plan de emprego vinculado ao crecemento e á cobertura das necesidades sociais centrado nos colectivos máis vulnerables e impulsando un emprego de calidade e seguro.

Tamén reclama un plan de incremento do gasto social, a restitución do dereito universal á protección da saúde e a asistencia sanitaria pública e o restablecemento do sistema educativo público, laico, integrador e de calidade, así como garantir o desbloqueo da Lei da Dependencia e acordar un gran pacto contra a violencia de xénero.

Os socialistas galegos utilizarán tamén o debate de Orzamentos que se está a celebrar na Cámara autonómica para demandar un plan de ingresos públicos que recupere os servizos públicos perdidos dende 2009, así como un plan de impulso da actividade económica, así como dous plans estratéxicos centrados na industria e as infraestruturas de Galicia.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar