O PSdeG apoia a fusión voluntaria de concellos pero o caso de Oza e Cesuras é un debate falso suscitado por Feijóo

O PSdeG apoia a fusión voluntaria de concellos pero o caso de Oza e Cesuras é un debate falso suscitado por Feijóo

O PSdeG apoia a fusión voluntaria de concellos pero o caso de Oza e Cesuras é un debate falso suscitado por Feijóo

O viceportavoz do Grupo Socialista José Luis Méndez Romeu amosou o apoio dos socialistas galegos á fusión voluntaria de concellos. Puntualizou que o caso de Oza dos Ríos e Cesuras é un debate “falso” suscitado por Feijóo ao lanzar un “anuncio político” antes de ser consultado cos veciños “para encubrir as deficiencias do seu goberno”.

O responsable socialista cualificou así o proceso de fusión entre Oza dos Ríos e Cesuras de “trampa dialéctica” artellada polo presidente da Xunta que “mentiulle á sociedade galega” no momento do seu anuncio, no debate do Est

ado da Autonomía. Lembrou que Feijóo deu unha fusión como certa cando aínda non fora consultado ningún veciño e que nin sequera a día de hoxe foi decidido polas corporacións municipais.

Preguntou “quén vai crer ao presidente Feijóo” logo de mentir sobre un proceso que “todo evidencia que ten comezado a raíz dunha “reunión de dirixentes do PP”, xa que ata o momento “non se coñecen documentos que acrediten a súa viabilidade, ou que expoñan a situación financeira resultante, así como os niveis de endebedamento e eficiencia”.

Dixo que polo momento “carecemos de documentos nin de consulta aos veciños”, que teñen protestado esta fin de semana para reclamar a información do proceso e aos que lles preocupa “cómo quedan os servizos públicos” que reciben por parte dos concellos. Puntualizou que “os debates nacen da sociedade e toman forma nas institucións, pero aquí sucede o contrario, nacen nos despachos e os veciños teñen que asumilos”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar