Apoio á estabilidade laboral na sanidade pública

Apoio á estabilidade laboral na sanidade pública

Apoio á estabilidade laboral na sanidade pública

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, participou hoxe na concentración de protesta convocada polos sindicatos da sanidade galega diante da sede da Xunta para reclamar estabilidade laboral para os traballadores sanitarios.

O responsable socialista denunciou a precarización dos postos de traballo e coincidiu nas demandas dos profesionais da sanidade para que se dea cumprimento á recente sentenza do Tribunal de Xustiza da UE que considera ilegal o encadeamento de contratos temporais para cubrir postos permanentes.

Torrado esixiu un “traballo digno” para os traballadores do sector e coincidiu en reclamarlle ao conselleiro de Sanidade que os reciba para dar conta das súas demandas, que “en todo caso van de acordo coa normativa comunitaria que desbota a norma estatal que permitía nomeamentos temporais para cubrir necesidades permanentes e estables”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar