Apoian a SOS Sanidade Pública na súa reivindicación de que se debata no Parlamento a iniciativa lexislativa popular contra a estratexia de privatización do goberno de Rajoy

O Grupo Socialista ven de manifestar o seu apoio á Asociación SOS Sanidade Pública Galicia, logo de que o Grupo Popular impedira o debate dunha Iniciativa Lexislativa Popular en defensa da Sanidade Pública.

Esta actitude dos populares, a xuízo dos socialistas, “evidencia unha enorme falta de respecto pola Cámara galega e polas regras da democracia”, afirma a deputada Carmen Acuña. Para a parlamentaria socialista, se trata dun exercicio de “despotismo, gobernar para o pobo pero sen o pobo”.

Segundo explicou Manuel Martín, portavoz da Plataforma SOS Sanidade Pública, decidiron facer esta iniciativa lexislativa popular porque “necesitábamos discutir e informar á cidadanía galega os problemas asociados á estratexia de privatización posta en marcha polo actual goberno”, a través do financiamento privado dos novos hospitais, centros de saúde, e o abandono da Atención Primaria”.

A iniciativa lexislativa popular cumpriu con todos os requisitos e, unha vez rexistrada na cámara, non se pode impedir o seu debate, pero si adialo ata o final da lexislatura. Contrasta esta estratexia do PP coas presas que se deron para iniciar a lexislatura facilitando o debate da ILP do Foro da Familia pola que se establecía unha rede de apoio á muller embarazada.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar