Apobada a nosa iniciativa para urxir a aplicar as medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero

Apobada a nosa iniciativa para urxir a aplicar as medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero

Apobada a nosa iniciativa para urxir a aplicar as medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero

O Pleno do Parlamento aprobou hoxe a proposición non de Lei do Grupo Socialista, para reivindicar o cumprimento coas medidas previstas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. A portavoz de Igualdade, María Pierres, presentou esta proposta para, dixo, “facer o comprometido, e facelo canto antes, como instrumento complementario á lexislación e coa correspondente dotación orzamentaria”.

A proposta pide a posta en marcha das medidas adoptadas no dito Pacto de Estado. Sinala así “especialmente aquelas que teñen que ver coas entidades locais e o papel que lles corresponde no ámbito da atención e protección das mulleres vítimas e as súas fillas e fillos”, e reclama as partidas orzamentarias acordadas para o seu cumprimento.

Pierres chamou hoxe a “facer que o que é un problema de Estado, que conlevou un Pacto de Estado, non sexa agora un fracaso de Estado”, e lembrou que se trata dun problema que “afecta a todos e a todas”.

Advertiu que “os métodos de protección das vítimas son insuficientes e ineficaces” como demostra que “se fracase na orde de protección dunha muller que solicita amparo e axuda, e que ese fracaso se materialice co seu asasinato”. Preguntou “como vamos trasladar a mensaxe de que é preciso denunciar se un 20 por cento das mulleres asasinadas en 2016 denunciaran previamente, e un 11,4 tiñan unha orde de protección en vigor”.

A deputada socialista lembrou que “a día de hoxe, oficialmente son 44 as vítimas de violencia de xénero, as mesmas que en todo 2016” e que agochan un dato “absolutamente demoledor e desalentador”. Aludiu a que “no que vai de ano teñen sido asasinados oito menores a mans dos seus pais -un deles galego-, por un asasinado en 2016”.

Sinalou que “os equipos de forzas de seguridade que atenden ás vítimas con protección son insuficientes e incapaces de asegurar esa vixilancia de agresor e velar pola seguridade das vítimas”. Ese é o caso, dixo, “no que podemos entender mellor a importancia de investir, e de facelo de urxencia” e o mesmo, engadiu, “hai que trasladalo á prevención, á formación e á especialización dos axentes do proceso de atención ás vítimas”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a solicitar do Goberno do Estado:

1.- Que se cumpran e axilicen na medida do posible os prazos establecidos, dado que o pacto de estado contra a violencia de xénero significa loitar contra un gravísimo asunto que afecta á seguridade das mulleres como cidadás.

2.- Que poña en funcionamento as medidas adoptadas no pacto de estado contra a violencia de xénero, especialmente aquelas medidas que teñen que ver coas entidades locais e o papel que lles corresponde no ámbito da atención e protección das mulleres vítimas, as súas fillas e fillos.

3.- Que de maneira urxente active e traslade as partidas orzamentarias acordadas para a execución dos acordos do pacto, ao conxunto das administracións implicadas: comunidades e cidades autónomas, deputacións provinciais, cabildos insulares e concellos.

4.- Dar traslado desta proposición e a súa aprobación ao presidente do Goberno, á ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, así como ao conxunto de ministerios implicados”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar