Antonio Hernando advirte que Rajoy e Feijóo pactaron os recortes para despois das eleccións

Antonio Hernando advirte que Rajoy e Feijóo pactaron os recortes para despois das eleccións

Antonio Hernando advirte que Rajoy e Feijóo pactaron os recortes para despois das eleccións

O Secretario de Relacións Institucionais e Política Autonómica do PSOE, Antonio Hernando, ven de afirmar que “votar a Feijoo é o mesmo que votar a Rajoy”, e salientou a oportunidade das galegas e dos galegos a demostrar a súa indignación coas políticas de recortes dos populares o día 21 de outubro co seu voto.

Houbo moita xente que o pasado 20 de novembro, data das eleccións xerais, pensou que Rajoy era a grande esperanza, Hernando considera que esas mesmas persoas hoxe saben que “Rajoy representa o gran fracaso”. Pero tamén representa “as grandes mentiras, as promesas incumpridas, os recortes da Sanidade, a Educación, das becas, de todas esas cousas que teñen cimentado o Estado de Benestar”.

 

O dirixente socialista reuniuse en Compostela cos responsables da campaña electoral do PSdeG-PSOE, aos que viu “moi en forma e con moita ilusión”. Antonio Hernando cualificou a estratexia deseñada polo PSdeG como “a acertada” pois concentra os esforzos do Partido Socialista en achegar a todos os cidadáns, tanto das cidades como dos núcleos de poboación máis pequenos, o programa dos socialistas galegos. “Queremos que todo o mundo coñeza a alternativa de Pachi Vázquez aos incumprimentos de Núñez Feijoo e de Rajoy”.

 

Antonio Hernando referiuse tamén ao acto de proclamación da candidatura de Núñez Feijoo, que se celebraba hoxe en Santiago. Neste sentido advertiu que “o gran ausente é o Sr. Rajoy, máis que ausente está agochado”, porque, segundo o dirixente socialista, Feijoo “sinte vergonza” do presidente do Goberno.

 

Hernando afirma que foi Rajoy o que tomou a decisión de cando celebrar as eleccións en Galicia. Rajoy pactou con Feijoo que tanto os recortes como a baixada de pensións se fagan xusto despois das eleccións galegas, asegura Hernando, “porque Rajoy manexa os fíos do candidato popular”.

 

Preguntado polas declaracións de José María Aznar nas que cuestionaba a sostibilidade do Estado do Benestar, o responsable de Relacións Institucionais da Executiva do PSOE afirmou que o expresidente, como a dereita en xeral, sempre estivo en contra do Estado de benestar e a crise “está a resultar a coartada perfecta para recortalo”. O problema, apunta Rafael Hernando, é que “Aznar ten agora de aliados ao Presidente do Goberno de España mais ao Presidente da Xunta”. Pídelle ao Partido Popular que “recoñeza os seus incumprimentos e deixe de atacar aos cidadáns, porque estes non son os responsables da crise”.

 

En relación a un posible rescate, Hernando sinalou que o Partido Socialista xa se manifestara en contra do mesmo. Acusou ao goberno de “baixar as mans” e terse rendido ante o rescate, cando “tivemos meses para poder evitalo”. O dirixente socialista fixo fincapé nas “condicionalidades” de ese rescate, que se materializarán en “mais sufrimento para os cidadáns e máis recortes”. Hernando vaticinou que “especialmente doloroso” será o que se produza sobre as pensións.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar