Antonio Hernando acusa ao PP de tentar de esconder os recortes "igual que hai dez anos quixeron agochar toneladas de chapapote"

Antonio Hernando acusa ao PP de tentar de esconder os recortes "igual que hai dez anos quixeron agochar toneladas de chapapote"

Antonio Hernando acusa ao PP de tentar de esconder os recortes "igual que hai dez anos quixeron agochar toneladas de chapapote"

O Secretario de Relacións Institucionais e Política Autonómica, Antonio Hernando, denunciou hoxe que o PP trate de esconder os recortes sociais, "igual que hai 10 anos quixeron esconder toneladas de chapapote e convertelos nuns hilillos". Nunha rolda de prensa na sede do PSdeG-PSOE de Santiago, o responsable socialista dixo que "o PP debera ter aprendido dos seus erros", en alusión ao xuízo do Prestige, que comeza mañá.

Lembrou que, daquela, o Partido Popular e o Goberno quixeron esconder toneladas de chapapote e convertelos nuns hilillos, 10 anos despois queren esconder os recortes sociais, os recortes en educación e sanidade; ou o déficit, maquillándoo.Apuntou que, do mesmo modo que os cidadáns viron a catástrofe natural que supuxo para Galicia o episodio do 'Prestige', "hoxe os cidadáns galegos están a ver eses recortes en sanidade, en educación, en pensións, en axudas aos libros de texto ou en transporte sanitario" que está a impoñer o Goberno popular da Xunta.

En lugar de "recortar e esconder" como fai mesmo coas siglas Feijóo, Hernando insistiu en que o PP "debería aprender dos seus erros" pois, do mesmo modo que os cidadáns viron a catástrofe natural que supuxo para Galicia o episodio do 'Prestige', "hoxe os cidadáns galegos están a ver eses recortes en sanidade, en educación, en pensións, en axudas aos libros de texto ou en transporte sanitario" que está a impoñer o Goberno popular da Xunta.

Wert

O Secretario de Relacións Institucionais e Política Autonómica, Antonio Hernando, denunciou hoxe a "gravidade" das declaracións do ministro Wert, quen esta mañá "insultou os pais" dos alumnos de colexios públicos, acusándoos de 'extremistas' por convocar unha folga contra os recortes o próximo xoves. Para o dirixente socialista, Wert "está a ser un auténtico caos para a educación", polo que "debería dimitir" e, se non -engadiu-, "o Presidente do Goberno teríao" que "cesar".

En rolda de prensa na sede do PSdeG-PSOE en Santiago, Antonio Hernando insistiu en que, "máis alá do seu intento de adoutrinar os nenos e insultar os pais", o PP "debería pensar seriamente se paga a pena que un ministro tan daniño para a educación siga á fronte" da carteira, xa que Wert está a ser "o ministro dos recortes, do tupper, da baixada das bolsas e o que está a hipotecar o futuro de toda unha xeración de españois", ademais de "enfrontarse a toda a comunidade educativa".

Hernando explicou que o PSOE non entende como o Partido Popular, e hoxe mesmo a súa Secretaria Xeral, Dores de Cospedal, "insisten en defender as alarmantes declaracións do ministro Wert", quen -reiterou- "recortou as bolsas, despediu profesores, eliminou as axudas aos libros de texto, eliminou a materia de Educación para a Cidadanía e segue financiando os colexios que segregan aos nenos e ás nenas".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar