Ángeles Marra, subliña que o PSOE “segue aberto a acordar no Senado a Lei de Estabilidade Orzamentaria”

Ángeles Marra, subliña que o PSOE “segue aberto a acordar no Senado a Lei de Estabilidade Orzamentaria”

Ángeles Marra, subliña que o PSOE “segue aberto a acordar no Senado a Lei de Estabilidade Orzamentaria”

O proxecto xa foi ditaminado pola Comisión de Facenda e Administracións Públicas e elevarase ao Pleno do próximo miercoles, día 25, para a súa ratificación

A senadora socialista por Pontevedra, Ángeles Marra, subliñou que o seu grupo “segue aberto a acordar” na Cámara Alta o Proxecto de Lei de Estabilidade Orzamentaria e de Sustentabilidade Financeira.

A citada lei foi ditaminada pola Comisión de Facenda e Administracións Públicas e será elevada ao Pleno do Senado do próximo mércores, día 25, para a súa ratificación.

Marra, relatora socialista da lei, subliñou que “a lei non é admisible tal e como está redactada” porque “impor un déficit estrutural do 0% para o ano 2020 carece de racionalidade económica e é inconsistente coa realidade actual da política fiscal que necesita a economía española nestes momentos”.

A parlamentaria do PSOE afirmou que esta lei “rompe acordos constitucionais e consensos” e esixiu que se cumpran estes acordos fundamentais.

Ángeles Marra insistiu na vontade do seu grupo de tratar de acordar un proxecto que o PP non quixo negociar impondo o texto orixinal remitido polo Congreso dos Deputados.

Neste sentido, Marra lembrou que o PSOE e o PP pecharon hai uns meses un acordo para modificar a Constitución co obxecto de incluír nela un límite do 0,4% do déficit estrutural para o ano 2020.

Marra criticou a imposición do Goberno de reducir a cifra do déficit estrutural ao 0% e destacou a necesidade de que exista unha certidumbre na consolidación fiscal para a recuperación da economía en aras a crear emprego e para garantir o Estado do Benestar.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar