Ángeles Marra reclama ao Goberno medidas para evitar o exilio laboral e económico de miles de españois que se ven forzados a emigrar a outros países en busca de traballo

Ángeles Marra reclama ao Goberno medidas para evitar o exilio laboral e económico de miles de españois que se ven forzados a emigrar a outros países en busca de traballo

Ángeles Marra reclama ao Goberno medidas para evitar o exilio laboral e económico de miles de españois que se ven forzados a emigrar a outros países en busca de traballo

A senadora galega subliña que 700.000 españois deixaron o noso país en busca de novas oportunidades laborais por culpa da crise e as políticas de austeridade do Executivo do PP

Asegura que esta emigración provocou un proceso de descapitalización e unha perda de capital humano na que o Estado investiu millóns de euros na súa formación e que non vai reverter nin no noso sistema económico nin na sociedade española senón noutros países

Denuncia que o Goberno non articulou ningunha medida sistemática fronte a esta nova emigración e que, ademais, nos presupostos de 2012 e 2013 a cantidade de diñeiro destinada para atender á cidadanía española no exterior experimentou unha alarmante diminución

Senadora Ángeles MarraA senadora socialista por Pontevedra, Ángeles Marra, interpelará o Goberno o próximo martes día 18 na sesión plenaria da Cámara Alta e reclamaralle que poña en marcha medidas para evitar que miles de cidadáns españois emigren a outros países en busca dunha oportunidade laboral que en España se lles nega. Neste sentido, Marra expoñerá ao Executivo do PP a súa responsabilidade por esta situación e explicará que é, precisamente, o Goberno o que debe xerar oportunidades no noso país que combatan o exilio laboral e económico forzoso dos seus cidadáns. Neste sentido, pedirá que informe sobre as medidas que vai adoptar para dar resposta aos cidadáns españois que están a abandonar o noso país por motivo da crise.

A parlamentaria do PSOE subliñou que cada vez son máis numerosos os españois que se ven forzados a deixar o noso país en busca dun mellor destino e dunha oportunidade que en España se lles nega.

Ángeles Marra detallou que a cifra de cidadáns españois (máis de 700.000) que emigraron ao Exterior en busca de oportunidades laborais reflicte unha dramática realidade social que se foi incrementando nos últimos anos coa crise e as políticas de austeridade.

Ao seu xuízo, isto provocou un proceso de descapitalización, unha perda de capital humano, en gran parte sobreacualificado, nos que o Estado investiu millóns de euros na súa formación. Un investimento que, ademais, non vai reverter no noso sistema económico, nin na sociedade española, senón que se perde en favor doutros países. Parafraseando a presidenta do Consello da Xuventude da Comunitat Valenciana, Sandra Gómez, Marra engadiu que "o que esta nova emigración deixa de achegar ao seu mundo e o seu ámbito nos fai decrecer, déixanos un futuro máis pobre, máis alá da traxedia particular de deixar atrás familia, amigos e un proxecto de vida,".

A senadora galega denunciou que "actualmente, o Goberno non articulou ningunha medida sistemática fronte a esta nova emigración, por canto non se lles dota dun sistema de apoio institucional e da protección oficial oportuna no país ao que decidiron emigrar". Ademais, destacou que nos dous exercicios presupostarios de 2012 e 2013, a cantidade de diñeiro destinada polo Goberno central para atender á cidadanía española no exterior experimentou unha alarmante diminución. Desta forma, pasouse de 117 millóns de euros en 2011 a só 89,7 millóns de euros en 2012, e a partida recortouse aínda máis en 2013 con tan só 76,7 millóns de euros.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar