Ángeles Marra acusa ao Goberno de facer oídos xordos ás reclamacións das asociacións de pediatría que advirten de que o calendario único de vacinación "non é adecuado"

Ángeles Marra acusa ao Goberno de facer oídos xordos ás reclamacións das asociacións de pediatría que advirten de que o calendario único de vacinación "non é adecuado"

Ángeles Marra acusa ao Goberno de facer oídos xordos ás reclamacións das asociacións de pediatría que advirten de que o calendario único de vacinación "non é adecuado"

A senadora galega asegura que o Goberno, con este calendario, buscou un acordo de mínimos cando, ante un tema tan sensible como o da vacinación dos nosos nenos, debería ir a un acordo de máximos

Critica que non se inclúa na cobertura pública a vacina antineumocócica nin a da tosferina para adolescentes e lamenta que o Executivo do PP estableza a vacina contra a varíola aos 12 anos e a do papiloma humana aos 14 xa que deixarían de ser eficaces en moitos casos

Senadora Ángeles Marra (PGE)A senadora socialista por Pontevedra, Ángeles Marra, acusou esta tarde ao Goberno de facer oídos xordos ás reclamacións de diversas asociacións sanitarias de pediatría con respecto á elaboración do calendario único de vacinación infantil en toda España, que advirten de que o devandito calendario "non é adecuado".

Marra formulou unha pregunta sobre este asunto ao Secretario de Estado de Servizos Sociais e Igualdade, Juan Manuel Moreno, en na Comisión Sanidade e Servizos Sociais da Cámara Alta. A parlamentaria do PSOE recoñeceu que este calendario unifica criterios dispersos que tiñan as distintas Comunidades Autónomas pero puntualizou que "o fai cun criterio de mínimos, cando o Goberno, ante un tema tan sensible como a saúde dos nosos nenos, debería ir a un acordo de máximos,".

A senadora galega subliñou que é necesario que se mellore a cobertura da vacinación para que chegue máis e mellor a todos os nenos e en igualdade de condicións en todas as Comunidades Autónomas. "É importante, matizou, unificar a inmunización e que se adecúen as idades nas que se teñen que fixar estas vacinacións".

Ao longo da súa intervención, Ángeles Marra explicou que no calendario vacunal único aprobado polo Goberno se incluíron oito vacinas e engadiu que o Executivo asegura que se tiveron en conta tanto os criterios epidemológicos coma os contactos con diversas asociacións e sociedades. Non obstante, Marra desmentiu este suposto consenso e fixo fincapé nas numerosas críticas das asociacións que non recoñecen tales conversacións. Neste sentido, destacou que as devanditas asociacións insisten en indicar que se trata dun calendario vacunal "inadecuado".

Noutra orde de cousas, a senadora por Pontevedra referiuse ás vacinas que non se recollen neste calendario e aos criterios que se utilizaron con respecto ás idades de vacinación. Ángeles Marra criticou que non se incluíse a vacina antineumocócica, que "antes tiña unha cobertura pública e agora xa non" e engadiu que un 96% de pediatras consultados recomendan que se incorpore esta vacina á cobertura pública. Neste punto, tamén lamentou que non se inclúa a vacina da tosferina en adolescentes, moi recomendada.

Ademais, Marra referiuse ao criterio de calendario de vacinación e subliñou que, malia que se recomenda que a vacina contra a varíola se estableza aos 12 meses (como aconsella un 83% dos pediatras), o Goberno pretende facela efectiva aos 12 anos. "A esa idade, agregou, o 90% dos menores terían sufrido esta enfermidade e a vacina sería pouco eficaz".

En referencia á vacina contra o virus do papiloma humano que, normalmente, nas Comunidades Autónomas se fixaba en torno aos 11 ou 13 anos, o Goberno a fixou nos 14 anos. A senadora galega uniuse ás críticas das asociacións que sosteñen que a esa idade resultaría ineficaz debido a que o mantemento de relacións sexuais por parte dos adolescentes pode ser anterior ás 14 anos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar