Ampliación dos prazos do voto exterior

Ampliación dos prazos do voto exterior

Ampliación dos prazos do voto exterior

A presidenta da Xestora do PSdeG-PSOE, Pilar Cancela, presentou hoxe un escrito dirixido á Xunta Electoral de Galicia para solicitar a ampliación do prazo para solicitar o voto exterior, que remata o próximo 27 de agosto. Advirte que tan só quedan cinco días, en pleno mes de agosto, para que os residentes no exterior poidan realizar un trámite indispensable para exercer o seu dereito ao voto.

A responsable socialista advirte que os prazos hábiles e as datas de verán nas que nos atopamos xogan en contra dos dereitos fundamentais dos galegos e galegas, e pola contra resulta extremadamente doado ampliar as garantías ampliando os prazos “na duración que estime razoable e oportuna” a propia Xunta Electoral.

Lembra que este trámite afecta tanto aos electoras residentes no estranxeiro como aos emigrantes temporais que no momento das eleccións autonómicas se atopan fora dos seus fogares. Actualmente o 17 por cento do censo total de galegos e galegas se atopan nesta situación, un total de 446.235 electores e electoras residentes no estranxeiro, moi por riba dos 69.130 cos que conta por exemplo o País Vasco.

A ampliación dos prazos, continúa, favorecería o trámite de solicitude destes electores e electoras, facéndoo compatible ademais co envío da documentación electoral necesaria para o voto.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar