A ampliación dos concertos a centros segregacionistas vai contra a Constitución e fronte a todo criterio pedagóxico

A ampliación dos concertos a centros segregacionistas vai contra a Constitución e fronte a todo criterio pedagóxico

A ampliación dos concertos a centros segregacionistas vai contra a Constitución e fronte a todo criterio pedagóxico

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, lamentou hoxe a decisión da Consellería de Educación de aprobar a orde que consolida os concertos con centros segregacionistas durante os próximos seis anos. Advirte que a decisión “vai en contra do establecido na Constitución para o ensino financiado con fondos públicos ”.

O responsable socialista engade que “a pesares de que o PP garantira o amparo deste modelo de educación a través da Lomce, a realidade é que non está fundamentado en ningún criterio pedagóxico que se sosteña dende un punto de vista científico”. A noticia de hoxe “lamentablemente confirma o que xa nos temíamos cando publicaron a convocatoria para os concertos en tódalas etapas por un período de seis anos”.

A única explicación, sinala, radica no “empeño do goberno galego de protexer a toda costa un modelo educativo” que grazas ás súas xestións quedará blindado “ante unha virtual derrogación da Lei de Educación”.

O que está facendo a Xunta hoxe, explica, “é o mesmo que fixo en 2005, cando estando en funcións decidiu blindar os concertos ata o ano 2009, impedindo calquera modificación durante a lexislatura que presidiu o socialista Emilio Pérez Touriño”.

O parlamentario socialista lamentou que o goberno galego actúe co único obxectivo de protexer estes centros, que “encaixan na súa forma de entender o ensino”, e augurou que “non vai mudar” a súa política, por moito que lle reclame “un consenso necesario e saudable” para o sector educativo e para toda a sociedade.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar