Ampliación do Plan de Prevención contra o Lume aos 365 días do ano

Ampliación do Plan de Prevención contra o Lume aos 365 días do ano

Ampliación do Plan de Prevención contra o Lume aos 365 días do ano

A deputada socialista Noela Blanco alertou hoxe do “despropósito da improvisación continua” na xestión da prevención e defensa contra os incendios forestais, cun dispositivo que aínda non está ao cen por cen malia a vaga de lumes que está a rexistrar neste caso a provincia de Ourense.

Blanco anunciou unha serie de iniciativas parlamentarias para “desestacionalizar” a contratación do persoal “de reforzo” do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais –SPDCIF-, limitada a tempadas de alto risco. Os socialistas insisten na necesidade dun Plan de Prevención contra o lume que se estenda aos 365 días do ano para responder da incidencia nos meses de outono e inverno, antes da tempada de verán.

A responsable socialista reclama “que este persoal de reforzo deixe de ser tal” e amplíen as contratacións para permitir unha resposta acaída fronte aos lumes “máis alá de suspender todo tipo de queimas de restos agrícolas e forestais e de pedirlle á cidadanía que extreme as precaucións”.

Sinala que os medios anunciados polo goberno galego “ou son escasos ou teñen pouca efectividade, ou ambas as cousas á vez por falta de coordinación ou planificación”. Sinala que “o persoal segue reclamando estabilidade laboral, un mando único, a preponderancia do público sobre as empresas privadas do sector e unha adaptación á desestacionalización do lume”.

Así o demostra o que vai de ano 2017, no que logo dun inverno no que só en Ourense arderon 400 hectáreas de monte, en xaneiro a media foi de catro lumes ao día ao coincidir as temperaturas atípicas coa falta de choiva e a acción dos incendiarios. Neste contexto, explica, nunha soa fin de semana en tres municipios desta provincia rexistráronse lumes que suman máis de 150 hectáreas queimadas.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar