Ampliación da Edar de Praceres

Ampliación da Edar de Praceres

Ampliación da Edar de Praceres

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, reclamoulle hoxe á Conselleira de Medio Ambiente que desbloquee a regularización dos terreos de Lourizán necesarios para a ampliación da Edar de Os Praceres. No debate dunha pregunta oral no Pleno do Parlamento, lembrou que este é, segundo o goberno, o principal escollo para a obra.

A responsable socialista lembrou que o Goberno galego leva anunciando reiteradamente a ampliación da depuradora dende que a Ría de Pontevedra fora declarada pola UE zona sensible pola contaminación que soporta. Vilán sinalou ao compromiso de 15 millóns de euros que hai medio ano está anunciando o goberno galego, a última vez xa por boca do presidente da Xunta.

Patricia Vilán parafraseou hoxe aos veciños afectados pola contaminación, que logo dunha recente visita á conselleira sinalaron que “de tanto escoitar sempre o mesmo foi coma se non nos dixeran nada”. Advertiu que a ampliación está á espera dun plan de saneamento e da regularización dos terreos, ata o punto de que o propio Feijóo se tiña comprometido a comezar a obra en setembro, e a día de hoxe “non moveron un papel”.

A Edar de Praceres atópase en Lourizán, xestionada directamente por Augas de Galicia e depura as augas residuais de Pontevedra, Marín e parte dos concellos de Poio, Sanxenxo e Vilaboa, ao tempo que “aínda está sen completar a rede de saneamento do rural”. Concluíu que “a Ría de Pontevedra vén soportando un tratamento de augas residuais excesivo e padece unha deficiente depuración”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar