Amosan o seu apoio á mobilización de afectados polas preferentes na Coruña

Amosan o seu apoio á mobilización de afectados polas preferentes na Coruña

Amosan o seu apoio á mobilización de afectados polas preferentes na Coruña

Carmen Gallego reclámalle á Xunta transparencia e incremento dos medios para o sistema de arbitraxe

Os socialistas galegos amosaron hoxe o seu apoio á mobilización dos afectados pola estafa das participacións preferentes e obrigas subordinadas que terá lugar mañá sábado na Coruña. A responsable de Economía da Executiva socialista, Carmen Gallego, reclamoulle á Xunta que garanta a transparencia e incremente os medios asignados para o sistema de arbitraxe establecido no Instituto Galego de Consumo.

Gallego reclama tamén que o goberno galego faga públicos os criterios de inclusión e exclusión no procedemento a fin de transparentar a súa concesión, e solicita asesoramento xurídico a todas aquelas persoas estafadas que así o requiran “para poder demandar xudicialmente ás entidades financeiras”.

A responsable socialista solicita finalmente que se esixa de NGB que notifique a súa situación actual a tódalas persoas que subscribiron participacións preferentes ou obrigas subordinadas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar