Ameaza de folga na sanidade de Ourense

Ameaza de folga na sanidade de Ourense

Ameaza de folga na sanidade de Ourense

Carmen AcuñaA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, lamentou hoxe o “silencio cómplice” da Consellería de Sanidade coa “catástrofe” da sanidade pública de Ourense. Presentou unha pregunta na Comisión de Sanidade por unha situación “caótica” que tivo como “guinda” este verán a suspensión de dúas operacións por falta de medios cando os doentes xa estaban no quirófano e que agora se enfronta á ameaza de folga dos profesionais sanitarios da provincia.

Acuña criticou que a propia xerente da Área Sanitaria “saíra xustificándose e dicindo que o 5 por cento das cirurxías programadas suspendíanse no quirófano”, mentres criticou que o responsable do Sergas, Antonio Fernández – Campa, aludira hoxe á “responsabilidade dos doentes por ter almorzado ou tomado sintron”, segundo a responsable socialista.

Carmen Acuña lembrou que a única responsabilidade de que nun caso non estivera dispoñible o anestesista e no outro tiveran que suspender a operación por falla de material lle corresponde ao goberno galego e á súa política de recortes e privatización da sanidade pública. Advertiu que esta situación pode repetirse e mesmo empeorar en momentos de mais demanda sanitaria, con epidemias ou maior carga de traballo.

Lamentou a complicidade da Xunta coa desfeita da xerente da Área Sanitaria, a curmá do presidente da Xunta, que campa con “absoluta impunidade” na súa estratexia de “destruír a sanidade pública ourensá sen que a Consellería a fiscalice e ninguén lle teña posto freo”. A súa bagaxe, citou, está chea de “erros, recortes, supresións, peches, plantes dos profesionais, manifestacións e mesmo dimisión de colaboradores”.

Acuña citou ademais o peche de Toén, a supresión de camas sociosanitarias en Piñor, a supresión da área sanitaria de Valdeorras, o peche de Cirurxía Pediátrica en Ourense e o regreso da atención primaria a ratios dos anos 50, así como os colapsos das urxencias en Ourense e mesmo as “listas de espera interminables”, a prestación do Servizo de Hemodinámica en “horario de oficina” ou a privatización do Plan Director do CHUOU.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar