Altas temerarias para desconxestionar o Hospital de Ourense

Altas temerarias para desconxestionar o Hospital de Ourense

Altas temerarias para desconxestionar o Hospital de Ourense

hospital_chouA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, alertou das “altas temerarias” dos pacientes no Servizo de Urxencias do Hospital de Ourense para “tratar de desconxestionar a saturación de doentes na planta de Medicina Interna”. Acuña censurou que dende a xerencia e a coordinación do servizo de Urxencias, “intimamente relacionados”, contradigan sistematicamente os ingresos ordenados polos especialistas.

Acuña sinalou que os doentes que teñen que ingresar ,dende un servizo de urxencias “totalmente desbordado”, baixo o criterio dos especialistas, son revisados posteriormente pola xerencia, que “só busca impedir os ingresos co fin de facer fronte á saturación do centro hospitalario”. O caso é que a día de hoxe, dixo, en medicina interna están a atender mais de 300 ingresos, da orde de 30 ou 40 por cada internista, unha cifra que chega a ser “absolutamente imposible de xestionar”.

A responsable socialista responsabilizou desta situación á estratexia de Feijóo de impoñer xubilacións obrigadas,co conseguinte recorte drástico de plantillas ante a falla de reposición e de novas contratacións.

Esta redución de persoal provocada polas forzosas xubilacións levada sa cabo, está provocando importantes disfuncións na atención primaria.Xaque fa imposible a correcta prevención e atención dos crónicos, o que á larga provoca o incremento dos ingresos a través de urxencias e o colapso de todo o sistema.

Mentira

Acuña critica a insistencia de Feijóo e a xerente a área de Ourense, a súa curmá Eloína Núñez, en reducir o persoal e manter pechadas plantas enteiras do hospital de Piñor. Lembra que no momento do traslado de Toén a Piñor “contaron a milonga de que deixaban unha planta como colchón para dispor dela nos momentos de mais ingresos, pero o certo é que os picos de doentes están a chegar e a planta permanece pechada”.

Ademais, lembra, aseguraron que “ían reforzar o Servizo de Urxencias para evitar estas situacións de colapso diante da epidemia de gripe sempre previsible, pero estamos comprobando que se tratou doutra mentira”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar