“Algo vai mal” pola caída de 115 millóns en tres anos nos investimentos da Xunta para rehabilitación de vivenda

“Algo vai mal” pola caída de 115 millóns en tres anos nos investimentos da Xunta para rehabilitación de vivenda

“Algo vai mal” pola caída de 115 millóns en tres anos nos investimentos da Xunta para rehabilitación de vivenda

Luis Toxo advirte que os malos resultados revelan “ineficiencia, ineficacia e inoperancia” do goberno galego

O portavoz de Vivenda do Grupo Socialista, Luis Toxo, advertiu que “algo vai mal” na política de rehabilitación de vivenda logo de evidenciar unha caída de 115 millóns nos orzamentos da Xunta nestas partidas en tres anos de goberno de Feijóo. Na comparecencia do conselleiro de Territorio no Parlamento, dixo que os malos resultados neste eido evidencian “ineficiencia, ineficacia e inoperancia”.

O responsable socialista dixo que malia ter rexistrado un dos maiores recortes orzamentarios, a execución orzamentaria chegou a ser “calamitosa”. Así, explicou que o pasado 6 de febreiro o goberno de Feijóo modificou o decreto dos programas de rehabilitación reducindo ostensiblemente o número de proxectos de rehabilitación, pasando das 799 vivendas previstas nos orzamentos a tan só 302.

Luis Toxo sinalou que a xestión dos 3 anos de goberno de Feijóo “o problema non é a austeridade nin o aforro, senón a ineficacia e inoperancia”, xa que, de acordo cos datos do Ministerio de Fomento, os proxectos caeron “estrepitosamente” en Galicia mentres aumentaban en España. Así, as solicitudes diminuíron un 56 por cento, as aprobacións provisionais un 43 por cento e as definitivas un 32 por cento.

De acordo cos datos do Instituto Galego de Estatística, as vivendas a rehabilitar pasaron de 1.277 en 2008 a 938 en 2009, 696 en 2010 e 431 en 2011, reflectindo un “descenso importantísimo do 66 por cento”. Explicou que estes datos resultan especialmente graves nunha Comunidade Autónoma como Galicia, na que as vivendas teñen unha media de 40 anos, co que existe “un enorme potencial de actuación”.

Advertiulle ao conselleiro de Territorio que negando o fracaso da súa xestión en rehabilitación de vivenda “corremos o risco de arruinar o país”, e sinalou que “o mais conveniente é modificar a xestión e non tentar de modificar o problema, que segue aí”.

Recuperación económica

O responsable socialista chamou a acadar un “gran consenso social” a prol da rehabilitación de vivenda e amosou que os socialistas “estamos dispostos a axudar”. Explicou que esta actividade funciona como “motor da recuperación económica no desenvolvemento endóxeno, xa que impulsa a produción autóctona e céntrase na recuperación do patrimonio, a singularidade e a identidade, mentres fortalece o turismo.

Engadiu que permite “aportar valor engadido á edificación construída”, ademais de crear emprego inmediato, recuperando oficios e empresas especializadas e aforrando recursos enerxéticos. Amosou o apoio dos socialistas galegos a unha actividade que garante a “recuperación de materiais, do emprego, a mellora da calidade de vida, o desenvolvemento das novas tecnoloxías e a recuperación de espazos públicos”.

Toxo dixo que a rehabilitación permite “investir dende as institucións para recuperar as cidades e a política social” e que “vai mais aló do arranxo estrutural do edificado” xa que supón “engadirlle vida aos anos e entrar no futuro sen renunciar ao pasado” ademais de garantir a “máxima calidade co mínimo de recursos”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar