Alertan que os recortes de Feijóo poñen en perigo as inspeccións de saúde nos comedores escolares, augas ou cátering

Alertan que os recortes de Feijóo poñen en perigo as inspeccións de saúde nos comedores escolares, augas ou cátering

Alertan que os recortes de Feijóo poñen en perigo as inspeccións de saúde nos comedores escolares, augas ou cátering

Beatriz Sestayo visita o laboratorio de Sanidade Pública de A Coruña, en perigo de peche pola redución de orzamentos, e visita aos traballadores afectados polo ERE nos centros públicos de Gandarío

A responsable da Área Institucional do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, cualificou de “inadmisible e intolerable” que os recortes drásticos aplicados por Feijóo “poñan en perigo as inspeccións de saúde” en comedores escolares, augas ou cátering. Así o digo logo de visitar o laboratorio de saúde pública da Coruña, en perigo de peche pola drástica redución orzamentaria decretada polo PP.

A parlamentaria socialista denunciou que estes recortes provocarán a desaparición da análise, control e inspección pública, “co perigo para a saúde pública que conleva”. Acusou ao PP de “poñer en perigo a saúde pública baixo a falsa e cansina escusa do aforro que aplican a servizos públicos esenciais pero non ao persoal de confianza ou ás asistencias técnicas”.

Sestayo visitou hoxe tamén aos traballadores afectados polo ERE nos centros públicos de Gandarío, onde denunciou o “desmantelamento de servizos públicos imprescindibles”. Sinalou que estes recortes forman parte da “folla de ruta permanente de desmantelamento dos servizos de todos para privatizar garantindo o lucro de algúns”.

Na visita a estes centros a parlamentaria socialista foi acompañada polo secretario de Organización da Federación de Servizos Públicos de UGT da Coruña, Yago de Ron, e a portavoz socialista no concello da Coruña, Mar Barcón.

Na visita mantivo unha xuntanza cos empregados públicos que alertaron dos perigos deste desmantelamento para a saúde da cidadanía, e advertiu que “o PP lembrarase das supresións cando aparezan casos como as vacas tolas ou as hamburguesas elaboradas con carne de cabalo”

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar