Alegalidade no transporte por estrada

Alegalidade no transporte por estrada

Alegalidade no transporte por estrada

O portavoz de Infraestruturas e Transportes do Grupo Socialista, Raúl Fernández, responsabilizou hoxe ao presidente da Xunta de ter situado á práctica totalidade do sector do transporte galego “na alegalidade”. Así o dixo logo da sentenza do Tribunal Supremo anulando as prórrogas concedidas pola Xunta en 2009, que afectan ao 98 por cento dos contratos de transporte público por estrada de Galicia.

Os socialistas presentaron unha batería de iniciativas parlamentarias, incluíndo a solicitude de comparecencia da conselleira de Infraestruturas e Vivenda, para dar conta das consecuencias desta sentenza. Fernández sinalou que a resposta do goberno galego pasa por arbitrar unha norma provisional que garanta a legalidade dos transportistas e preparar novos paquetes de concesións de transporte por estrada.

Fernández sinalou ao “abuso da maioría absoluta do PP” e á súa “dinámica habitual de pasar o rodillo sen escoitar á oposición” que os levou a aprobar en 2010 unha prórroga en contra do arco parlamentario e coa advertencia da Comisión Nacional da Competencia. O acordo foi anulado agora polo Tribunal Supremo por contravir unha norma da UE impedindo concesións de servizos públicos máis de 10 anos.

O parlamentario socialista lembra que a Comisión Nacional da Competencia, que promoveu a denuncia, cuestiona a resolución emanada en 2010 a raíz da Lei autonómica de novembro de 2009 para ampliar as concesións a cambio da redución da factura de transporte escolar, a adaptación dos vehículos a persoas con dificultades de mobilidade e implantar un sistema informático para o seguimento dos itinerarios.

Dixo que o sector atópase agora nunha dubidosa situación xurídica logo e cunhas perdas estimadas en 100 millóns de euros polo investimento esixido polo goberno galego para conceder as ampliacións.

Paralización da Consellería

Raúl Fernández criticou a paralización e inestabilidade xurídica en que ten derivado a que era orixinalmente Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, un “macroente creado á imaxe de Feijóo e que oito anos despois converteuse no reflexo vivo da inestabilidade institucional” e dunha xestión con “resultado irrelevantes”.

Lembrou que en só tres anos, o que era un dos maiores departamentos do goberno de Feijóo foi desmantelado e convertido e dous departamentos, o de Infraestruturas e Vivenda, polo que xa pasaron dous conselleiros diferentes, e o de Territorio e Medio Ambiente, que neste período tivo tres titulares, mentres a dirección xeral de Mobilidade contou con 3 directores en tres anos.

No seu debe situou fitos como a Lei do Taxi, aprobada para “furtarlle competencias aos concellos”, a Lei de Estradas, que substituíu unha norma que durou 22 anos e que en só ano e medio tivo que ser emendada polo propio PP para solventar “problemas de inseguridade xurídica”, unha Lei de Caza “xuridicamente defectuosa e conscientemente confusa”, ou a Lei do Solo, que “foi modificada antes de que entrara en vigor”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar