Alcaldes e voceiros do PSdeG rexeitan a suba do canon do lixo e esixiranlle á xunta dúas auditorías da xestión de Sogama

Alcaldes e voceiros do PSdeG rexeitan a suba do canon do lixo e esixiranlle á xunta dúas auditorías da xestión de Sogama

Alcaldes e voceiros do PSdeG rexeitan a suba do canon do lixo e esixiranlle á xunta dúas auditorías da xestión de Sogama

Os representantes municipais decidiron ademais solicitar unha entrevista do conselleiro de Medio Ambiente cunha representación de alcaldes socialistas

10576788255_6eb739d9f4_bAnte a repercusión social que están a ter as anunciadas subida do cánon do lixo e o repago de fármacos por parte da Xunta de Galicia, os alcaldes e voceiros municipais do PSdeG reuníronse a pasada semana de urxencia na sede de O Pino, para tratar as últimas decisións dos gobernos central e da Xunta “que asfixian cada vez máis ás veciñas e veciños” e “tomar decisións inmediatas” ante medidas como a suba do canon do lixo nun 34% ou o repago hospitalario.

No caso do canon do lixo, os socialistas rexeitan “que a mala xestión de Sogama corra a cargo dos cidadáns, sen explorar toda-las posibilidades alternativas”, como explica Valentín González Formoso, alcalde de As Pontes e secretario de Política Municipal na nova Executiva do PSdeG. Anuncian que reclamarán ante a Xunta “medidas de transparencia” en Sogama, entre elas unha auditoría de xestión empresarial e outra de xestión ambiental dos residuos, posto que todo apunta a unha “nefasta xestión da Sociedade Pública nos dous ámbitos”, sendo a mellora no rendememto da Sociedade e unha política de contención de costes “a alternativa á maior subida da historia”do prezo pola xestión do lixo.

Se non se acomete dita mellora as subidas do cánon están garantidas, haberá mais. Isa solución é “dificilmente explicable aos cidadáns, axfisiados polas novas cargas con que o goberno lastra as familias, familias que esperan do seu goberno outra decisión que non sempre a mais fácil, subir impostos”, explicou González Formoso.

Os representantes municipais do PSdeG xustifican a necesidade destas auditorías porque afirman que coa suba do canon Sogama acadará 6 millóns de euros de beneficios “a costa dos veciños, que parece que para o PP sempre é a solución máis fácil”.

Denuncian que “cada vez cobran máis por unha xestión dos residuos nefasta, na que unha gran parte do lixo é enterrada directamente”, polo que piden “seriedade”, ademais de “responsabilidade, control e información real” por parte da Xunta en puntos como os salarios que están a percibir os responsables desta sociedade público-privada. Desde o PSdeG calculan que os veciños terán que soportar unha suba media de 10 euros por cada recibo bimensual e haberá empresas que verán aumentada a súa factura en ata 400 euros anuais.

Na reunión da pasada semana os socialistas decidiron ademais socilitar unha entrevista do conselleiro de Medio Ambiente cunha representación de alcaldes do partido, e tamén acudirán ao Parlamento o día en que se debata este asunto. González Formoso lamenta “que a Xunta siga nun mundo paralelo e trate de vender a Feijóo como un gran xestor despois de tomar este tipo de decisións”, e reclámalle ao Goberno galego “que se faga cargo dos problemas que non é quen de solucionar e que deixe de evadir as súas responsabilidades para que os concellos lle solucionen a papeleta”.

Repago hospitalario
Estas decisións súmanse ás medidas aprobadas nos últimos días polos socialistas co repago hospitalario, un tema no que presentarán mocións en todos os concellos de Galicia para que a Xunta renuncie a aplicar un decreto “absolutamente inxusto e inexplicable socialmente, que destroza a igualdade de oportunidades e o acceso á sanidade pública”, e para que o Goberno de Núñez Feijóo lle esixa ao de Rajoy que derogue este decreto antes de que poñelo en marcha.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar