Alcaldes e alcaldesas socialistas recorren a resolución do Goberno galego de recortar o 80% de investimento do Plan Concertado

Alcaldes e alcaldesas socialistas recorren a resolución do Goberno galego de recortar o 80% de investimento do Plan Concertado

Alcaldes e alcaldesas socialistas recorren a resolución do Goberno galego de recortar o 80% de investimento do Plan Concertado

Preto de 30 alcaldes, alcaldesas e concelleiros e concelleiras de servizos sociais socialistas rexistraron hoxe no Rexistro da Xunta un recurso contra a resolución do Goberno galego de reducir os fondos destinados ao cofinanciamento da prestación de servizos sociais nos municipios a través do Plan Concertado.

Os representantes municipais estiveron acompañados do secretario de Organización, Pablo García, e a portavoz parlamentaria de Benestar e Servizos Sociais, Beatriz Sestayo, que afirmaron que o PSdeG fará “casus belli” deste asunto e que esta acción terá continuidade, xa que os socialistas esgotarán todas as vías para impedir “esta inxustiza”, sen descartar a vía xudicial.

“Non podemos deixar na estacada aos que máis o necesitan, nin tampouco poden meter aos alcaldes neste lío”, explicou García. Lembrou así que os concellos xa adiantaron o diñeiro destinado aos servizos sociais en función do orzamento do ano anterior, ao non ter ningunha comunicación previa deste recorte, dun 80% de media, no Plan Concertado.

En representación dos rexedores da provincia da Coruña, a alcaldesa de Muros, Caridad González, acusou ao Goberno galego de “mentir aos concellos e aos cidadáns” porque “publicaron no boletín que se prorrogaría o presuposto para os concellos, e posteriormente enviaron unha comunicación particular a cada alcalde “que para nada responde ao compromiso adquirido”.

Insistiu en que “non aceptaremos estes recortes, porque hai necesidades que é imprescindible cubrir” e afirmou que dende o Concello de Muros “faremos todo o posible por non deixar de prestar este servizo. “A Xunta non pode deixar así aos máis desfavorecidos porque é un ataque á súa dignidade”, sinalou.

O alcalde de Ribadavia (Ourense), Marcos Blanco, criticou esta “decisión unilateral da Xunta” e explicou que “non podemos aceptala porque implica dilapidar dereitos adquiridos dende hai máis de dez anos, e porque ten que haber unha negociación previa cos concellos e a Fegamp”.

“A crise non a teñen que pagar os mais necesitados senón que hai que buscar medidas para apoiar mais a esta xente e defender os servizos sociais”, apuntou Blanco, á vez que explicou que en Ribadavia “máis de 85 familias poden quedar sen servizo de atención a domicilio e máis de 22 auxiliares e coidadoras quedarían sen emprego, a maioría mulleres de entre 35 e 55 anos, con dificultades para integrarse no mundo laboral”.

O alcalde de Vilaboa, José Luís Poceiro afondou nesta idea e expresou o “cabreo dos alcaldes e alcaldesas, e non só os socialistas”, porque “os concellos adiantamos uns cartos ás empresas que prestan o servizo a domicilio, dado que ninguén nos comunicou que se producirían estes recortes”.

Considerou que “o Goberno de Feijóo nos enganou” e lamentou ademais unha situación que cualificou de “moi triste”. “Ë tristísimo deixar sen o servizo de limpeza, aseo e comida a anciáns de 80 anos”, dixo.

Petición de entrevista
Pola súa parte, o alcalde de Pedrafita do Cebreiro, José Luís Raposo, criticou que o Goberno de Feijóo “aplique este recorte a un dos piares básicos do Estado de Benestar, que afecta especialmente ao rural”.

“Queremos que o presidente da Xunta nos escoite e reconsidere a súa postura” explicou, “porque hai moito onde recortar sen ser en sanidade, educación e servizos sociais”. Por elo, solicitaron por escrito unha entrevista co presidente a Xunta para abordar esta cuestión.

Na mesma liña, a portavoz de Benestar e Servizos Sociais do Grupo Parlamentario dos socialistas galegos, Beatriz Sestayo, denunciou “a vulneración dun dereito constitucional” “e un atentado aos dereitos sociais básicos que nos igualan a todos”.

Advertiu de que “non imos consentir que se deixe á xente na estacada por unha presunta austeridade que só se está a practicar no eido social”, e denunciou que a Xunta “está a ver novos xacementos de negocio para determinados grupos nos servizos sociais”.

“Esta loita non vai a parar ata que o Goberno galego rectifique”, sentenciou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar